A abstención marca a elección en Ferrolterra do candidado de Anova para os comicios europeos

Os militantes de Anova Irmandade Nacionalista de Ferrolterra volveron botar abaixo a proposta do seu portavoz nacional, Xosé Manuel Beiras, para as eleccións autonómicas de maio, ás que concorrerán con Izquierda Unida e outras forzas da esquerda estatal.
Se a vez anterior, a asemblea non aceptou esta alianza e optou por unha fronte “máis ampla”, desta volta foi o rexeitamento á candidata postulada polo portavoz parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, Lidia Senra, exdirixente do Sindicato Labrego Galego.
O coordinador local de Anova, Xosé Manuel Pazo, informou de que o candidato elixido pola militancia na comarca foi o médico Xoán Manuel Rodríguez Bastida, que obtivo dez votos máis que Senra.
Pazo chamou a atención sobre a elevada abstención, que superou o 60% do total da militancia da formación nacionalista na comarca.

A abstención marca a elección en Ferrolterra do candidado de Anova para os comicios europeos

Te puede interesar