A Xunta achega 78.000 euros para implantar o alumeado LED no polígono Vilar do Colo

A Xunta achega 78.000 euros para implantar o alumeado LED no polígono Vilar do Colo
pol..gono vilar do colo

O Concello de Fene vén de recibir confirmación da administración autonómica sobre a concesión dunha achega de 77.882  euros por parte da Consellería de Presidencia para acometer o financiamento do proxecto de renovación de equipamentos de infraestructuras de alumeado público exterior, que permitirán mellorar a eficiencia enerxética no polígono fenés de Vilar do Colo.
Este proxecto contempla a solicitada implantación da tecnoloxía LED e ascende a 119.819 euros. Deste xeito, coa achega confirmada por Presidencia, poderase sufragar gran parte dos gastos derivados deste novo servizo, que permitirá un importante aforro aos dous concellos propietarios do chan industrial, Fene e Cabanas.
A subvención da administración autonómica corresponde ao Fondo de Compensación Ambiental e permitirá sufragar o 65% da intervención, reducindo a aportación municipal ao 35%.
Expansión 
O parque empresarial segue en fase de expansión y crecemento. A última empresa en instalarse foi Gadis, que abriu en xuño pasado un hipermercado. Agora parece que fará o mesmo Mercadona. O xigante da alimentación xa mercou unha parcela no polígono que comparten Fene e Cabanas.

A Xunta achega 78.000 euros para implantar o alumeado LED no polígono Vilar do Colo

Te puede interesar