A nova escola de artes e oficios Avatar abre en outubro con varios cursos coas prazas xa cubertas

A nova escola de artes e oficios Avatar abre en outubro con varios cursos coas prazas xa cubertas
Diario de Ferrol-2014-09-09-015-565e6233

No mes de outubro abre as súas portas a única escola de artes e oficios da comarca, Avatar, situada no polígono do Río do Pozo, na avenida Gonzalo Navarro 24, de Narón, da que é responsable Ángeles Dopico Currás. A falta dunhas semanas para comezar a súa primeira temporada, xa teñen practicamente cubertas as prazas de catro das disciplinas que se van impartir: aerografía, gravado con chorro de area, vidriera artística e repostería creativa, cursos cun número de alumnos que oscila entre os 12 e os 15, algúns deles orientados especificamente a desempregados e subvencionados de distintas maneiras.
Ademais destes citados cursos, a nova escola de artes e oficios tamén oferta outras disciplinas como talla de madeira, mosaico, vidro fundido, maquillaxe FX, fotografía, taracea, modelado e moldes, fussing, escritura creativa ou a última, scratch book, unha técnica pictórica para o traballo en imprentas, ilustración de revistas, etc. Todas elas comezarán a impartirse entre principios e mediados do próximo mes de outubro.
O centro xa está aberto no Río do Pozo e ten páxina web, facebbok e como teléfono de contacto o 676 190 380.

aberto aos artistas
A responsable de Avatar, Ángeles Currás, avanza que este mesmo mes tamén comenzará a funcionar o local como sala de exposicións.
Así, o próximo día 19, venres, a delegada de arte da Sociedad Artística Ferrolana, Corín Cervera, inaugurará a súa nova mostra pictórica ás 20.00 horas. A partir dela a escola quedará aberta a todos os artistas que o desexen para amosar as súas obras. n

A nova escola de artes e oficios Avatar abre en outubro con varios cursos coas prazas xa cubertas

Te puede interesar