O Círculo Filatélico-Numismático de Ferrol organiza xunto coa Concellería de Cultura a próxima exposición “A cultura naval no coleccionismo”. Esta mostra estará aberta ao público do 14 ao 28 de abril no patio do Centro Cultural Torrente Ballester
Unha ampla colección de selos repartida en 36 paneis sobre temática naval integrarán esta exposición que tamén amosará valiosas moedas con motivos navais datadas dende o ano 450 a. C ata a actualidade.
Tamén haberá todo tipo de obxectos de coleccionismo relacionado coa temática naval como billetes, medallas, vitolas, botóns da Guerra da Independencia, así como fotografías inéditas na súa maioría de Ferrol e Galicia. Tamén poderá verse unha excelente colección de uniformes militares e incluso de moitos mapas antigos.