Els Joglars, Carmen Machi e Aitana Sánchez Gijón súmanse á axenda cultural de Narón

Els Joglars, Carmen Machi e Aitana Sánchez Gijón súmanse á axenda cultural de Narón
Aitana Sánchez Gijón protagoniza a obra “Juana” que se representará no Pazo

O Padroado da Cultura de Narón segue a incorporar interesantes espectáculos á súa axenda cultural. Así, para o vindeiro mes de abril, concretamente para o día 4, está prevista a cuarta función da obra “Unha noite na praia” protagonizada polos actores galegos  Carlos Blanco e Touriñán.

O 9 de maio, a compañía catalá Els Joglars poñerá en escena “Señor Ruiseñor”, unha crítica ao que supuxo as consecuencias do “procés” na sociedade catalá, “unha crítica ás ‘patrias identitarias’ fronte ao cosmopolitismo que representaba o pintor catalán Santiago Rusiñol.

O día 23 do mesmo mes será a quenda para a recoñecida actriz Aitana Sánchez Gijón, que achegará ao público naronés a obra “Juana”, unha montaxe que combina a danza, a performance e o teatro textual e que revisa as figuras históricas de varias mulleres (a Papisa Juana, Juana de Arco, Juana La Local, etc) unidas por un mesmo nome.

O broche de ouro ao mes chegará da man de Carmen Machi e Nathalie Poza, que levarán ao Pazo a peza “Prostitución”, un espectáculo que se mergulla nun mundo cheo de controversia.

As entradas para estas tres pezas, dispoñibles xa para os abonados, poñeranse á venda para o público xeral o vindeiro sábado, día 14.

Els Joglars, Carmen Machi e Aitana Sánchez Gijón súmanse á axenda cultural de Narón

Te puede interesar