Queremos galego! prepara a manifestación do domingo

Queremos galego! prepara a manifestación do domingo
presentación onte en sargadelos

A plataforma Queremos galego!, integrada por máis de 700 entidades de todo o país, segue preparando a manifestación do vindeiro domingo en Santiago contra o decreto do plurilingüismo da Xunta de Galicia e o anteproxecto da Lomce do ministro Wert. O coordenador e mais os portavoces na comarca de Ferrolterra, Carlos Outeiro, Víctor Agulló e Delfina Bañobre, presentaron onte en Sargadelos o cartaz chamando á participación que xa se está distribuíndo por toda Galicia, así como o manifesto que reivindica “a lingua que nos une” e a urxencia de fortalecer o galego na escola, en retroceso, din os organizadores, desde o decreto aprobado polo primeiro gobierno Feijóo.

Representantes de organizacións como Adega, A Revolta de Trasancos, BNG, Esquerda Unida, Ateneo, CIG, Medulio, STEG e A Mesa, entre outros, arrouparon os voceiros da plataforma no acto de onte. “Queremos aglutinar a reacción social contra as medidas do PP contra o galego”, dixo Outeiro. Bañobre centrouse nas consecuencias que a lexislación autonómica está tendo en todos os niveis do ensino. A mestra criticou que “o aumento da carga lectiva que se considera positivo para unha lingua estranxeira, non o é, segundo a lei actual, para o galego”. Tamén sinalou a Inspección educativa, “moi celosa agora co cumprimento da normativa, e tan laxa antes cando debía de velar por que determinadas materias se deran en galego”.

Queremos galego! prepara a manifestación do domingo

Te puede interesar