Aberto o prazo de presentación de candidaturas para o Proxecto Runas do Festival de Ortigueira

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para o Proxecto Runas do Festival de Ortigueira
Os tres grupos seleccionados para a final actuarán no escenario Estrella Galicia o xoves 12 de xullo

O Concello de Ortigueira, a través do Festival Internacional do Mundo Celta, vén de convocar unha nova edición do Proxecto Runas, iniciativa que ten por obxecto a promoción e difusión dos novos valores da música folk. Todas as formacións interesadas terán de prazo ata o vindeiro 13 de abril para presentar as súas candidaturas. As elixidas terán a oportunidade de actuar no marco do recoñecido e emblemático festival que cada verán reúne a milleiros de persoas na vila ortegana.

Para poder participar no Runas, os grupos terán que estar formados por un mínimo de catro e un máximo de dez compoñentes; contarán cun repertorio mínimo de cincuenta minutos; e non poderán participar bandas ou formacións que se clasificaran para a final do proxecto da edición do pasado ano.


Temas
Os grupos interesados terán que presentar catro temas musicais, dos cales polo menos tres, serán de creación propia, un dossier informativo do grupo e outros documentos.
Segundo se informou desde o propio Festival, o sistema de selección das bandas constará, como é habitual, de varias fases.
Así, nunha primeira, finalizado o prazo de recepción dos traballos, un comité técnico nomeado polo Concello de Ortigueira fará unha unha selección dun máximo de 15 traballos de entre todos os recibidos e que reúnan todos os requisitos.

Nunha segunda fase, os traballos dos grupos seleccionados poderán escoitarse na páxina web do Festival a partir do 19 de abril, momento no que se activará o proceso de votacións “on line” por parte dos visitantes da web e que rematará o xoves 3 de maio ás 18.00 horas.
Os grupos finalistas determinaranse por un sistema de cinco votos. Un deles salirá do sistema de votacións do devandito espazo web mentres que os outros catro procederán dun xurado composto por músicos, xornalistas musicais e promotores seleccionados polo Concello.

Seleccionados
Os tres grupos seleccionados actuarán no escenario Estrella Galiciae o xoves 12 de xullo, onde disporán dun tempo de 45 minutos para achegar a súa música ao  público e polo que recibirán 1.500 euros.
O grupo vencedor actuará no ano 2019 no escenario do Festival, por cuxa actuación recibirá un caché de 3.000 euros.

O proxecto Runas está aberto a formacións cuxo repertorio aborde a música tradicional dos países de orixe celta, en sintonía coa música habitual programada no marco do festival ortegán.
Os irlandeses Gabriel G. Diges foron os gañadores da edición do pasado ano do proxecto Runas, tras impoñerse nunha reñidísima final aos xaponeses Koji Koji Moheji e dos eslovenos Noreia, que foron terceiros.

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para o Proxecto Runas do Festival de Ortigueira

Te puede interesar