Preto do descanso do último partido que O Parrulo xogou o sábado como local ante o Jaen Paraíso, A Malata quedou a escuras. Durante máis de vinte minutos, os técnicos municipais trataron de volver prender o xerador que desde fai días da electricidade ao vetusto pavillón ferrolán. Foi o último dos capítulos negativos referidos ás instalacións deportivas municipais que aconteceron nos últimos meses.
O retraso na colocación do novo parquet da Malata, o colapso da instalación eléctrica deste polideportivo, as goteiras e humidades en Esteiro e a Casa do Deporte, os problemas coa sustitución do sistema de extracción de gases na piscina de Caranza, os fallos na caldeira do campo de fútbol 7 de Caranza, o estado das instalacións náuticas de A Cabana... os problemas amoreanse sobre a área de Deportes. O edil titular da mesma, Suso Basterrechea, lidia como pode cuns contratempos que enturbian o que para el é unha realidade: “O deporte en Ferrol está por riba da capacidade da cidade”.
¿Que está a acontecer coas instalacións deportivas municipais?
É unha suma de problemas. Existen moitos clubes que practican deportes nas instalacións municipais e estas quedaron escasas. Pero, ademais, a maioría están moi avellentadas e levan moito tempo sen facérselles unha reforma en profundidade, só se foron parcheando ao longo dos anos e iso, ademáis de custoso, non é de abondo .
¿Como se chega a esta situación límite?
Porque non houbo un plan de mantemento desde fai moito tempo. Ademais, o presuposto dos últimos anos baixou moito na nosa área. Ferrol ten a peculiaridade de que case todo o deporte ferrolán depende do diñeiro público, falta inversión privada, sobre todo no deporte de elite. Iso fai que máis do 90% do orzamento de Deportes que xestionamos vaia directamente para subvencións para clubes, que son necesarias, pero que non deixa marxe para outras accións. A desaparición do Padroado tampouco axudou. Era un organismo que podía ter defectos pero, ademáis de que tiña máis orzamento que nós agora, tiña unha axilidade para xestionar esas pequenas actuacións puntuais da que agoa non dispoñemos.
¿Que se está a facer desde o Concello para solventa-la situación?
Nos atopamos cun primeiro problema, que é que moitas delas nin sequera están recepcionadas ao nome do Concello, a titularidade segue sendo da Xunta e, ao non existir no inventario de edificios municipais, temos moitas dificultades para facer actuacións nelas, aínda que sexan pequenas. Por exemplo, o ano pasado, cando fomos a facer obras na piscina de Caranza, atopámonos con que a titularidade non era do Concello e da Xunta e nós so temos unha cesión verbal de uso. O mesmo acontece coa Casa do Deporte. Outro problema é que moitas delas están xestionadas por clubes en base a convenios caducados dende 2012 e que xa non corresponden coa realidade nin deses clubes nin das propias instalacións. Así que estamos tratando de actualizalos.
Pero, ao marxe desta circunstancia, ¿cómo se poden paliar os problemas actuáis?
Estamos tratamos de diseñar un plan estratéxico que nos permita abordalas no seu conxunto. Pero o deporte non pode esperar a que o executemos, así que, sen olvidar esa visión de futuro, dende a concellería tratamos de mantelas a frote no día a día e solucionar os problemas que van xurdindo de forma inmediata. Ademáis, está claro que, tendo varios clubes como temos en primeira división, como O Parrulo ou o Universitario, o pavillón da Malata quedou desfasado e Ferrol necesitaría un novo.
Está abrindo dúas frontes importantes: un plan estratéxico e a construcción dun novo pavillón. ¿Son realidades ou pura entelequia?
En canto ó pavillón, a verdade é que non hai nada encauzado. As administracións antes repartían diñeiro con máis alegría. Aínda que estamos buscando en distintas frontes, non está aberta ningunha vía real, non é algo que se vaia conseguir neste mandato. Neste mandato no único que podemos pensar é en arranxar A Malata o mellor posible para que clubes como O Parrulo ou o Universitario poidan usar cun mínimo de dignidade.
E ese plan estratéxico, ¿en qué consistiría?
O primeiro que hay que ter en conta é que para desenvolvelo necesitamos, ante todo, a tranquilidade de non estar sometidos á urxencia do día a día. Pensamos que A Malata e Fimo poden aproveitarse para xerar un espacio de aproveitamento deportivo máximo e acondicionalas para que sexan espacios modernos e efectivos. Pero facelo custaría máis dun millón de euros que non temos, así que o que toca agora e arranxar as urxencias que xurden e esperar.
Das súas verbas dedúcese que, ó final, é todo unha cuestión de diñeiro. O presupusto que manexa a área de Deportes é pequeno, adícase case todo a subvencións directas e non hai inversión en infraestructuras. ¿É ese o resumo?
Basicamente si, así que temos a necesidade de atopar diñeiro alleo á nosa área, incluso ó Concello. Hai que dedicar parte da inversión que a Deputación e outras administraccións fan na cidade a estas instalacións deportivas. Eu entendo que para ó cidadán a situación é inexplicable. Para min é unha causa de desvelo e impotencia.
O seu discurso parece derrotista. ¿É esa a sensación que ten tras este primeiro ano e medio á fronte da área de Deportes?
No plano estrictamente deportivo, a situación en Ferrol é inmellorable. Practícanse todo tipo de disciplinas, en tódalas categorías, a nivel feminino e masculino... Ademáis, a nivel de resultados deportivos o balance é magnífico... Pero, como dixen antes, o Deporte en Ferrol está por riba das posibilidades reais dunha cidade do noso tamaño. E non quero que se entenda mal, o digo a nivel positivo. Dende o Concello temos que facer un esforzo para respaldalo, pero tamén ten que entrar a iniciativa privada. Ademáis, non nos podemos quedar con todo o negativo. O Concello de Ferrol é dos poucos da comarca que non cobra tasas a ningún club, nin de deporte base nin de alta competición polo uso intensivo que se fai das instalacións. Pero todo deriva nunha situación complexa pola que teño que pedir disculpas se non estamos á altura de todos esos éxitos.