O Toxos e Froles e a actriz María Bouzas, premios da Cultura Galega de 2015

O Toxos e Froles e a actriz María Bouzas, premios da Cultura Galega de 2015
© Roberto Garver

O Real Coro Toxos e Fooles e a actriz mugardesa María Bouzas son dous dos galardoados pola Xunta de Galicia nos premios da Cultura Galega 2015 que recoñece as traxectorias de personas ou entidades no ámbito galego.
Canda eles a escritora Fina Casalderrey, o debuxante Miguelanxo Prado, o cineasta Ignacio Vilar, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e a investigadora Kathleen Nora March son os galardoados nas diferentes modalidades deste certame que trata de poñer en valor a traxectoria dos persoeiros ou entidades máis salientables nos diferentes ámbitos das manifestacións culturais do país. 
O xurado destes galardóns, presidido polo conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e conformado por representantes das principais institucións culturais e profesionais,  reuniuse onte na Cidade da Cultura de Galicia para determinar, entre máis de 40 candidaturas, os galardóns.

unha actriz en alza
O Premio Cultura Galega de Artes Escénicas recaeu en María Bouzas, unha das actrices galegas de maior experiencia e traxectoria profesional. Formada na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid, a maior parte da súa traxectoria teatral desenvolveuna na Compañía de Marías, con María Pujalte. Con todo, a popularidade acadouna a través da pequena pantalla, a raíz da súa participación en series da TVG como A familia Pita, Pratos combinados e Terra de Miranda. No mundo do cine destaca a súa presenza nas películas Urxa, Un soño de verán ou Sei quen es. Presidiu a Academia Galega do Audiovisual e foi organizadora dos premios Mestre Mateo entre 2006 e 2009. Desde 2011 a súa traxectoria profesional estase desenvolvendo en Madrid, na serie de éxito “El secreto del Puente Viejo”. 

símbolo de país
O recoñecemento do xurado na modalidade de Música foi para o Coro Toxos e Froles, que tivo a súa orixe no seo da Orquestra Ferrolá de Pulso e Púa Airiños d’a Miña Terra, en 1907. Pero é en 1914 cando comezan a darlle forma ao nacemento dun coro galego na cidade de Ferrol e, un ano despois, ten lugar a súa primeira actuación no Teatro Jofre de Ferrol, baixo a dirección de Lorenzo Barja. 
O coro creou o Premio Manuel Lorenzo Barxa, a entidades ou músicos destacados, e o Premio Literario Letras de Bretaña e as Medallas do Reino de Merlín. En 2005 foille outorgada a Medalla de Ouro de Galicia e, un ano despois, a Medalla de Ouro Marcial del Adalid da Real Academia Galega de Belas Artes. 
O recoñecemento da Xunta chega no mesmo ano en que o Real Coro, que na actualidade preside Arturo Lamas, celebra o seu centenario, data que serviu para a publicación dun disco e a organización de actuacións e concertos no Jofre e na praza de Amboage.

O Toxos e Froles e a actriz María Bouzas, premios da Cultura Galega de 2015

Te puede interesar