Salientan a gran calidade dos traballos presentados ao I Certame Literario en homenaxe a Carmela Loureiro

Salientan a gran calidade dos traballos presentados ao I Certame Literario en homenaxe a Carmela Loureiro
premios certamen literario Carmela Loureiro

O gran nivel e calidade dos traballos así como a excelente resposta no tocante á participación marcou a primeira edición do Certame Literario Carmela Loureiro, en homenaxe á profesora  que nos últimos anos, e ata o seu pasamento en 2014, presidiu a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
O patio do centro cultural Torrente Ballester acolleu onte a entrega de premios nun acto que contou con numeroso público e con gran presenza de profesionais do ensino, ámbito no que exerceu Loureiro.
Na modalidade de microrrelatos as gañadoras nas diferentes categorías foron Lola Arbizu, Lucía Rico e Paula García. En micropoesía, resultaron vencedoras María Pillado, Inés Lamas e Ainhoa López. As seis recibiron unha tablet, diploma e un libro.
Entregáronse ademais cinco accesits a Sarai Pico, María Novo, Sara Castro, Tania Arias e Paula Freire, ás que se lles fixo entrega de dous libros, un pendrive e o correspondente diploma.
O certame foi convocado polo Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas. Nesta primeira edición, participaron unha ducia de centros de ensino da comarca –oito deles da cidade naval–, nos que foron seleccionados os 50 traballos dos que saíron os nomes dos gañadores.
O xurado estivo integrado por Pilar Patiño (CENL); Anabel Alonso (escritora); Claudia Gallego e Roi Yáñez, en representación do alumnado; e Beatriz Bascoy, técnica municipal de Normalización Lingüística.

Salientan a gran calidade dos traballos presentados ao I Certame Literario en homenaxe a Carmela Loureiro

Te puede interesar