Narón inviste 256.000 euros na mellora dunha vintena de viais

Narón inviste 256.000 euros na mellora dunha vintena de viais
As obras comezan esta noite na Avenida do mar e rematarán pola mañá | d. a.

O Concello de Narón informa de que nas vindeiras semanas darán comezo os traballos de mellora do firme nunha vintena de viais da zona urbana e rural do municipio. En conxunto os traballos suporán unha inversión de 256.000 euros, tal e como avanzou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro. A primeira das intervencións previstas con cargo a esta primeira fase dos traballos iniciarase esta noite nun tramo da Avenida do Mar, na Gándara. Neste caso concreto as obras suporán un investimento duns 90.000 euros, unha partida, indicou Ferreiro, “que permitirá aglomerar o tramo comprendido entre as instalacións da ITV e a curva onde se localizaba a antiga nave da empresa Leyma”. 
A alcaldesa explicou tamén que a actuación da avenida do Mar comezará hoxe pola noite e prolongarase durante a madrugada de mañá, reabríndose o vial ao tráfico a primeiras horas do día 8. “Nese período de tempo é cando se ocasionarán menos molestias ás persoas que transitan pola zona, xa que circulan menos vehículos e así minimizaranse as molestias que sempre conlevan este tipo de traballos”, asegurou.
Estas tarefas, indicou, complementaranse coa mellora dos pasos peonís localizados nese tramo, sobreelevando un total de tres con rampas e sinalización adaptada á normativa vixente. Estes traballos na avenida do Mar dan continuidade a unha intervención que se levou a cabo a principios deste mesmo ano, cunha actuación similar nun tramo duns 300 metros liñais, recordou a alcaldesa.
Unha vez que finalice esta obra, dará comezo o resto das adxudicadas en varios viais da zona urbana do municipio e tamén algunhas das parroquias de San Mateo e O Val, avanzou Ferreiro. Entre os mesmas están as melloras no firme das rúas Ferrol, Bispo Argaya, Olimpia, Valencia, Colmeote, Tui, A Garda, San Andrés, García Sabel, Rosalía de Castro, Río Ulla, Quintá, Camiño da Veiga, e a zona dos institutos. A rexedora asegurou que “desde o goberno local continuamos destinando importantes partidas ao mantemento das infraestruturas da nosa cidade, priorizando neste caso os viais que rexistran elevadas densidades de tráfico e nos que o deterioro é máis acusado, como é o caso da avenida do Mar”. 
Axudas transporte escolar 
“Trátase de actuacións moi necesarias que estarán rematadas nunhas semanas, ao irse executando progresivamente, e que ocasionarán algún tipo de restricións no tráfico rodado, como é habitual neste tipo de actuacións, pero que trataremos de que sexan mínimas para causar as menores molestias posibles”, dixo.
Por outra banda, o Concello naronés abrirá mañá o prazo de solicitude de axudas para o transporte de estudantes universitarios ás escolas ou facultades da UDC na Coruña este curso. Estas achegas poden solicitarse a través da sede electrónica do Rexistro Municipal ata o 5 de novembro, sempre que se cumpran os requisitos establecidos. As bonificacións poden cubrir o 50% do importe do billete Narón-Coruña. l

Narón inviste 256.000 euros na mellora dunha vintena de viais

Te puede interesar