Pontedeume revive de novo a historia dos Andrade co seu Feirón Medieval

Pontedeume revive de novo a historia dos Andrade co seu Feirón Medieval
El gobierno local prevé, al igual que en las anteriores ediciones, la visita de miles de personas a la cita | archivo ec

A vila de Pontedeume volta esta fin de semana –desde o venres e ata o domingo– ao pasado para recrear a época dos Andrade na que será a novena edición do Feirón Medieval. Este ano, a organización é asumida integramente polo Concello –as sete primeiras foron impulsadas por unha asociación creada para tal fin e o pasado ano por unha comisión–, plenamente consciente da relevancia que a cita ten para a localidade.
Cada ano, milleiros de persoas achéganse durante a feira para gozar do amplísimo abano de actividades programadas. Teatro de rúa, actuacións musicais, concertos, exposicións, exhibicións de esgrima ou de tiro con arco so só algunhas das propostas que animarán a edición deste ano.
Certame
Engádense ademais dous certames, un de fotografía e outro de debuxo. No caso do primeiro, premiarase a imaxe máis orixinal realizada durante o feirón medieval. A participación será desde Instagram co hashtag #Feironmedievaldosandrade2018 e etiquetando na foto a @musical_sport. O domingo, ás 15.00 horas, decidirase o gañador. O premio consistirá nunha cea para dúas persoas na Taberna do mercado o mesmo domingo.
O de debuxo, pola súa banda, irá destinado ao público infantil. Os participantes terán que entregar a súa ilustración relativa ao feirón no punto de información. É necesario indicar un número de contacto e tamén o domingo, ás 15.00 horas, darase a coñecer o nome do gañador, que recibirá un chegue agasallo de 30 euros para canxear na propia cita.
Máis de cen postos
O Feirón dos Andrade reunirá máis de cen postos –estarán situados na Praza do Conde, Rúa Pescadería, Rúa Cantón, Rúa Real, Rúa Ferreiros, Rúa San Agustín e Avenida de Raxoi– nos que haberá variados produtos, desde artesanía, alimentación ou téxtil, entre outros. As zonas de restauración estarán na zona da Praza de España, Praza do Conde, Praza do Convento e Praza de San Roque.
O programa comezará o venres, a partir das 17.30 horas e ás 20.30 horas será a quenda para a lectura do pregón por parte do actor Pedro Brandariz.
O mercado abrirá todos os días ás 11.00 horas coa apertura do rincón infantil, para a partir dese momento sucederse diferentes espectáculos de animación como Faunos, La Troupete de Luisete ou El Dragosaurio y el cazador. Polas tardes, retomarase a actividade a partir das 17.30 horas. Na Praza do Conde haberá unha exposición de sons da natureza.
A concelleira de Cultura, Comercio e Turismo, Yolanda Vázquez, agradeceu a colaboración amosada por asociacións culturais, particulares, hostaleiros e comerciantes na celebración do evento, así como a antigos organizadores que ofreceron o seu asesoramento. Haberá tamén un posto de información na Praza de España, ademais da Oficina de Turismo.
Imaxe de marca
Ademais de realizar un vídeo promocional da festa, se están a dar os primeiros pasos para crear uha imaxe de marca do feirón. Nesta liña, o Concello distribuíu entre os hostaleiros e comerciantes colaboradores uns mandilóns co logo da cita e que lucirán durante os tres días que durará a programación eumesa. l

Pontedeume revive de novo a historia dos Andrade co seu Feirón Medieval

Te puede interesar