Ferrol en Común reclama dique e traballo civil e militar para Navantia

Ferrol en Común reclama dique e traballo civil e militar para Navantia
Ferrol en Común en la puerta de Navantia

Ferrol en Común reclama para Navantia investimento público, así como o rexuvenecemento do plantel e a creación dun centro de I+D+i “que limite a dependencia das patentes estranxeiras”. Tamén piden o dique flotante, carga de traballo civil e militar e a diversificación noutros nichos de mercado. Así o avanzou onte o seu candidato Jorge Suárez, xunto con outros membros da súa lista, diante da porta principal do estaleiro.
Outras propostas en materia de emprego de Ferrol en Común teñen que ver coa creación de cuadrillas municipais de obras, “arestora en mans privadas”, o impulso do cooperativismo agrícola e social, o rescate de servizos como a atención a maiores e dependentes ou o socorrismo nas praias, e tamén a recuperación de FIMO “para ubicar nas súas naves un centro de emprego e formación e un parque de deportes urbáns”.

Ferrol en Común reclama dique e traballo civil e militar para Navantia

Te puede interesar