Esmelle ultima os preparativos para unha nova edición da súa popular romaría castrexa

Esmelle ultima os preparativos para unha nova edición da súa popular romaría castrexa
ESMELLE FESTA CASTREXA

A AVV Val de Esmelle non para de traballar durante todo o mes de agosto, cun programa de actividades superior ao de moitos concellos da comarca nestas xornadas. Despois dunha primeira quincena de actividades case diarias, agora prepáranse para a XIV edición da Romaría Castrexa que se celebrará o próximo día 22 na parroquia ferrolá. 
Así, xa se coñece o nome do ilustre pregoeiro da cita de recreación festiva. Trátase nada menos que do alcalde ferrolán, Jorge Suárez, que (ataviado ou non de castrexo, haberá que agardar ao sábado) fará unha loubanza a esta tradición esmudiense.

xantar popular   
O máis inmediato desta celebración, para quen queiran asistir ao xantar popular do próximo sábado ás 14.30 horas, é apuntarse para degustar a proposta gastronómica que, a cambio de 12 euros por persoas, inclúe churrasco, paella, crioulos, cachelos, pan, postre, café, e reserva de mesa. Así, ata o xoves hai tempo para apuntarse no local social da  entidade. 
O programa da cita comezará a partir das 12.30 horas. Desde esa hora estará aberto o mercado con postos de artesanía e venda, así como obradoiros de alfareiría. Todo animado coa música do grupo tradicional de San Sadurniño Berros do Castro. O grupo ferrolán Lenda Ártabra tomará o relevo ao redor das 14.00 horas co seu folk contemporáneao e xa, media hora máis tarde, será cando o alcade ferrolán, Jorge Suárez, pronuncie o agardado pregón da romaría. Tralo discurso chegará o momento da celebración gastronómica e as actividades lúdicas retómanse a partir das catro do serán. A esa hora comezará unha exhibición de deporte rural vasco protagonizado polo aizkolari Ernesto Expeleta “Bihurri”, recoñecido especialista en corte de troncos. 
Para os pequenos, desde as cinco da tarde, haberá unha mostra de xogos do paporrubio, un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria. O remate da romaría virá da man da música do grupo de folk Zoadeira, de Valdoviño, a partir das 19.00 horas.

Esmelle ultima os preparativos para unha nova edición da súa popular romaría castrexa

Te puede interesar