Oito centros da zona substituirán o libro de texto polo dixital nas aulas de 5º de Primaria

Oito centros da zona substituirán o libro de texto polo dixital nas aulas de 5º de Primaria
Diario de Ferrol-2014-07-09-009-15fa3855_1

Os alumnos que o vindeiro curso  estudarán 5º de Primaria nos colexios Mosteiro de Caaveiro (A Capela), Isaac Peral e San Xoán de Filgueira (Ferrol); Virxe da Cela (Monfero); San José, Andrade e Couceiro Freijomil (Pontedeume) e Atios (Valdoviño) non terán manuais de texto. No seu lugar, empregarán libros dixitais na totalidade das materias. Farano no marco do proxecto “Educación Dixital” que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitariadesenvolverá de xeito experimental a partir do mes de setembro e durante tres cursos académicos –dúas promocións–.
En toda a comunidade galega serán máis de 80 os centros que tomarán parte nunha iniciativa que ten por obxectivo, segundo a propia Administración educativa, “fomentar a utilización do equipamento das aulas Abalar poñendo a disposición dos centros unha contorna virtual de aprendizaxe con libros e outros materiais dixitais cos que poderá desenvolver a totalidade do currículo”.
Para iso terán a súa disposición un entorno virtual de aprendizaxe, a plataforma E-Dixgal, con contidos curriculares facilitados pola Xunta ou elaborados polos propios docentes. Segundo as previsións da Xunta, o proxecto beneficiará o vindeiro curso a 2.500 alumnos de 5º de Primaria de centros Abalar, chegando nun período de tres anos ata os 22.500 estudantes.
Agora, os centros seleccionados na relación provisional publicada recentemente, agardan a coñecer en detalle a normativa que rexerá o desenvolvelmento do programa.

esforzo
O Isaac Peral de Ferrol será un dos colexios nos que o vindeiro curso os escolares de 5º de Primaria –uns 50 en total– non terán ningún libro de texto para estudar. A súa directora, María José Piñeiro, recoñece o esforzo e o compromiso de formación do profesorado como elementos fundamentais para poder poñer en marcha un proxecto que valora de xeito positivo e que, entre outras cousas, suporá un cambio da metodoloxía pedagóxica.
Permitirá tamén, ao seu xuízo, sacarlle máis partido ao plan Abalar –iniciado hai uns anos para introducir as novas tecnoloxías nas aulas–, que baixo o seu punto de vista non se está a aproveitar o suficiente. “Creo que este proyecto contribuirá a un mayor uso del mismo”, comenta. Unha vez se dispoña de toda a normativa para o desenvolvemento do programa, convocarase ás familias para achegar todos os detalles.
No CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira beneficiaranse da “Educación Dixital” arredor de 15 escolares. “Apostamos por cambios metodolóxicos e esta oferta que lanza a Consellería é un xeito de comenzar a cambiar algo”, comenta Marián López, directora do centro.
Salienta reiteradamente a implicación do profesorado, “sen cuxo compromiso sería imposible participar no proxecto”, di. No curso que vén de rematar, xa tiveron unha experiencia cos libros dixitais da man dunha proposta dunha editorial. “Impartimos dúas materias en 5º e 6º de Primaria, a de Lingua Castelá e Matemáticas, con libros dixitais”, explica, unha metodoloxía que agora abranguerá á totalidade das asignaturas no caso dos rapaces de 5º de Primaria. “Implica un cambio metodóloxico, un traballo máis por proxectos, máis competencial”, apunta.
Para José Luis Vilariño, director do CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume, este proxecto de Educación Dixital –que chegará a uns 40 alumnos– convértese nunha oportunidade máis para seguir innovando, cuestión á que o centro adica xa grandes esforzos a través de diferentes programas. “La innovación tecnológica tiene que ir paralela a una innovación metodológica y aquí es donde radica el cambio real”, sostén.
Considera que este tipo de ferramentas dixitais facilitan unha educación máis individualizada e flexible, e con máis marxe para adaptar os contidos. “É preciso un cambio metodolóxico, non podemos estar facendo a mesma educación de anos atrás”, considera.

Oito centros da zona substituirán o libro de texto polo dixital nas aulas de 5º de Primaria

Te puede interesar