Intensa axenda arredor de Manuel María

Intensa axenda arredor de Manuel María
Ateneo lectura poesía Manuel María

A conmemoración do Día das Letras Galegas deixará hoxe unha apretada axenda de actividades nos municipios de Ferrol e comarca. Na cidade naval, o barrio de San Xoán acollerá o acto central, a partir das 12.00 horas, na Praza Rosalía de Castro.
O programa dará comezo co pregón do profesor e cantautor Xoán Eiriz, seguido dunha semblanza do homenaxado deste ano, Manuel María, e da actuación do Coro Toxos e Froles. A actividade continuará xa pola tarde, ás 18.00 horas, cunha festa infantil e familiar da man do Pallaso Peter Punk, ao que seguirá o concerto de Xoán Eiriz, que presentará o seu próximo disco. A actuación da orquestra A Banda de Balbina poñerá o punto final a unha festa para a que se instalou unha carpa e cadeiras.
Tamén en Ferrol, pero neste caso na zona rural, a Agrupación de AAVV celebrará esta tarde o Día das Letras no local da asociación “O Lago”, de Doniños, cun programa previsto para as 17.30 horas e que incluirá unha semblanza, lectura de poemas e actuación de dos corais.

narón
En Narón, a xornada festiva  arrancará ás 10.00 horas coa “1ª Andaina polas Letras”, na que participarán arredor dun cento de persoas. Sairá desde a praza da Gándara para continuar ata o Mosteiro do Couto e o Muíño das Aceñas. A actividade continuará ás 12.30 horas na praza da Gándara co grupo de música tradicional galega do Padroado da Cultura de Narón. Xa pola tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas sucederanse varias propostas na praza de Galicia –en caso de mal tempo trasladarase ao pavillón polideportivo de Piñeiros–. Haberá biblioteca na rúa, enredos e xogos populares, un Photocall de Manuel María no que a xente poderá fotografiarse e a actuación musical do Coro Solidario do IES Terra de Trasancos.
A xornada deseñada polo Concello de Narón rematará co concerto que a partir das 19.00 horas terá lugar no Pazo da Cultura coas actuaciós dos Resentidos e a Lira de Ribadavia. As entradas custan 9,50 euros para o público en xeral.

Intensa axenda arredor de Manuel María

Te puede interesar