Airiños de Fene homenaxeará a Xabier Díaz na xuntanza de gaiteiros do vindeiro sábado

Xabier Díaz publicou este ano un novo traballo, titulado “Noró”
|


A cita terá lugar o vindeiro sábado, día 27, no local da SCRD Agarimo de Sillobre e contará coa participación de músicos moi próximos a Díaz como Guadi Galego, Guillerme Fernández, Fernando Barroso, Alfonso Merino, así como os grupos de cantareiras “Xerfa” e “Xirifeiras”, a Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene e co protagonista. Ana Santiago será a encargada de presentar un programa que dará comezo a partir das 19.30 horas.
Obxectivo
A defensa da música, canto e baile tradicional galego será, unha vez máis, o principal obxectivo dunha festa que permitirá ademais recoñecer a traxectoria dun dos artistas máis importantes do panorama galego actual.
Desde as súas primeiras experiencias ata a actualidad, forono moitas as entidades, grupos e proxectos nos que colaborou e participou. En 2015 editou “The Tambourine Man” xunto ás Adufeiras de Salitre, galardoado como o mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) o mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega, nese mesmo ano. Este traballo permitiulle ademais manterse no “top ten” da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Neste mesmo ano editou “Noró”, un traballo compartido de novo con Adufeiras de Salitre. l

Airiños de Fene homenaxeará a Xabier Díaz na xuntanza de gaiteiros do vindeiro sábado