A cidade puxo onte punto final ao verán cun triplo concerto no Cantón de Molíns

A cidade puxo onte punto final ao verán cun triplo concerto no Cantón de Molíns
Cantón concierto de despedida del verano

Por sétimo ano consecutivo, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas, o Concello da cidade naval e a produtora Jarabe ofreceron á veciñanza de Ferrol a posibilidade de despedir o verán cun concerto de pop-rock no que, desta volta, subiron ao escenario os ferroláns Los Alcántara, o vocalista Andrés Balado –que adquiriu sona coa súa participación no programa de televisión La Voz– e, para pechar, Los Zentholos, banda local con moitos anos de trayectoria ás costas. 

O bo tempo –as previsións meteorolóxicas non eran moi optimistas para a xornada de onte– acompañou finalmente e o público ateigou o Cantón de Molíns para gozar dunha velada musical na que os tres grupos de artistas puideron amosar parte do seu repertorio habitual, desde os temas de produción propia ata versións dalgunhas das cancións clásicas do pop rock estatal e internacional.

A cidade puxo onte punto final ao verán cun triplo concerto no Cantón de Molíns

Te puede interesar