O centro cívico social de San Xiao acolleu o domingo o fallo do VII Concurso de Pintura “Cidade de Narón” convocado pola AVV Ceibe da devandita parroquia naronesa e o Padroado de Cultura do Concello de Narón e dirixido á veciñanza da comarca.
O primeiro premio recaeu nas mans de Manuel Carballeira Rivas, grazas á súa obra “Contraluz”, o que lle valeu para facerse cun premio de 500 euros. O cadro titulado “La Vía”, pintado por María José García Martín, obtivo o segundo galardón, dotado con 300 euros, mentres que o terceiro, de 100 euros, otorgouse a Juan Manuel Álvarez Romero, que presentou a obra “Sublunar”.
A organización concedeu ademais un premio especial, na honra do recoñecido pintor naronés Fracisco Criado, a Marcelino Bermúdez, que recibiu 100 euros como premio. Tal e como se informou desde o Padroado, ao certame concurriron un total de 27 traballos. Os finalistas estiveron expostos durante a fin de semana en San Xiao.