Tomas de posición (XXXIII)

Tomas de posición (XXXIII)
Participantes, onte, no acto conmemorativo da centenaria visita da Irmandade coruñesae. vázquez dopico

Outro dos diarios coruñeses, El Orzán, informaba, o martes 31 de decembro, tamén do mitin tan criticado por El Ideal Gallego. Na nova “Irmandade da Fala / El mitin del domingo”, comezaba dicindo que ao acto do Rosalía Castro concorrera “regular cantidad de gente que llenaba los palcos y las butacas”. E especificaba que “Entre los asistentes figuraban algunas señoras y señoritas”.
A continuación informaba de quen foran os oradores e os aspectos que trataran. Así, dicía que “Habló en primer término el Sr. Villar Ponte, quien dijo que el pleito de la autonomía interesa a toda España y en particular a Galicia”. Ademais, “Calificó de farsa del centralismo la Comisión extraparlamentaria designada por el conde de Romanones y añadió que siguen gobernándonos los mismos políticos que nos llevaron al desastre en 1898”, para finalizar “señalando dos caminos para solucionar el problema de la autonomía: la reforma de la Constitución o el cambio de régimen, encontrando preferible el segundo por ser más factible y además porque favorecería la unión con Portugal”.
O seguinte en intervir foi Manuel Pena, de quen o xornal di que era “un obrero zapatero”, que “dijo que cuando una madre es mala y deja que sus hijos mueran de hambre, no debe querérsele.
Añadió que a pesar de haber muerto tanta gente en la guerra era necesario que muriese aquí otra cantidad igual para que España se regenerase y terminó dedicando un recuerdo a la familia de Porteiro Garea”.
Acto seguido, tomou a plabra “El Sr. Viqueira” quen afirmou “que Inglaterra y los Estados Unidos deben sus victorias y su progreso al régimen autonomista, igual que Suiza.
Censuró –ademais– la designación de la Comisión extraparlamentaria, hechura y representación del caciquismo y añadió que el problema se resumía en dos palabras: libertad o muerte”.
Continuaba a crónica indicando que “Habló despois el Sr. Blanco Torres diciendo que el problema autonomista interesa a todos y ante él no se puede permanecer neutral. Añadió que no es un problema económico sinó de libertad y sostuvo que en Galicia no hay ideales ni políticos honrados”.
A continuación “El Sr. Banet Fontenla dijo que la autonomía es un problema que hay que abordar con urgencia, pues se ve que las cosas más altas caen cuando se oponen a las ansias de los pueblos.
Afirmó que Galicia tiene personalidad propia para que se le oiga en este pleito y que está capacitada para disfrutar de la autonomía, pues lo demostró en 1808 cuando expulsó al invasor.
Concluyó afirmando que Galicia, gobernada por si misma, no lo estaría peor que por el poder central”.
E finalizou o acto coa intervención do conselleiro 1º da Irmandade: “Por último habló el Sr. Peña Novo. Dijo que cuando fué a pedir autorización para el mitin prometió al gobernador civil no atacar a la unidad de la patria, aunque no sabe en qué patria pensaría aquél.
Negó que los nacionalistas vayan contra la patria, pues desean verla grande y poderosa y rechazó el calificativo de separatistas que se les aplica.
Añadió que estando convencidos de que con peticiones no conseguirán lo que se proponen, lo exigirán y habrán de alcanzarlo, legal o ilegalmente.
Dijo que aún cuando en la Asamblea de Lugo se estableció la accidentalidad de las formas de Gobierno, la monárquica no es oportuna en el momento actual y Galicia será más grande con la República que con la Monarquía.
Terminó haciendo un llamamiento a los elementos de la izquierda para que se unan a este movimiento, afirmando que no se precisan cultura ni capacitación especial sinó honradez, para intervenir en la vida pública”.
Finalizaba a información indicando que “El acto, que había comenzado cerca de las doce, terminó a la una y media”.
Penso que a diferenza entre as dúas reportaxes é obvia. Esta d’El Orzán semella moito máis aséptica, xa que se limita a informar procurando evitar as valoracións.
Grazas a esta crónica sabemos que do que falou Viqueira era algo de primeirísima actualidade. Poucas horas antes desta súa intervención, na noite do sábado 28, Xorxe de Inglaterra obsequiara cun baquete no Palacio Real o presidente Wilson. O rei, despois de iniciar o discurso dos brindes manifestando que estaban nunha data memorable, pois era a primeira vez que un presidente dos Estados Unidos visitaba os reis de Inglaterra, quixo deixar algunhas cousas claras, entre elas as seguintes: “Con gran pracer vemos que comeza a debuxarse en América a vida política inglesa. Comulgamos nas mesmas tradicións. O ideal de América é o de Inglaterra: traballamos pola liberdade e a paz. Anhelamos a vida das nacionalidades e queremos os Gobernos autonómicos”.
Xohan Vicente Viqueira nada podía saber deste discurso do rei Xorxe e, non obstante, puido manifestar que Inglaterra e os Estados Unidos debían as súas vitorias e o seu progreso ao réxime autonomista. Estar no mundo, habería que chamarlle.
Con relación ao manifestado por El Orzán ou por outros xornais a respecto este mitin do Teatro Rosalía do que estamos a falar, os nacionalistas non quedan calados, vense na obriga de puntualizar algunhas cousas. Así, na sección “Peneirando...”, do número de 6 de xaneiro de 1919, manifestan que as súas “propagandas fan moito daño... Non sentan ben aos que viven e xantan á sombra das oligarquías noxentas que feirean a costa da libertade galega. Prova d’elo é a forma na que os corresponsás dos xornas madrileños na Cruña, trasmitiron a información do noso gran mitin. Todos mintiron. Todos –agás o de La Jornada– dixeron que no teatro houbera pouca concurrencia: ¡Cando estaba cheiro! E pol-a sua parte a imprensa da Cruña tamén intentou restarlle importancia ó acto”.
Mais como a reportaxe e a actitude d’El Ideal Gallego volvera molestalos non van aforrar artillería verbal para atacalo. Na propia sección “Peneirando...” que acabo de citar dedícalle uns cantos parágrafos. Comeza con estas demoledoras palabras: “O Ideal Gallego e un dos mais cativos e ruins enemigos da libertade da nosa terra. Non perdoa ocasión para demostralo”. E continúa: “Pro haivos enimigos que fan rire. O Ideal –que ningún bo galego debe lére– emprega os tópicos mais cursis e mais valeiros e mais demodée de que temos mentes, para combatir o noso nazonalismo redentor. E pesi-ó seu mote de católico, falta ao outavo mandamento da lei de Deus, que mesmo da xenio”. E desa volta a mentira era a información do último acto irmandiño, da crónica da que se falou a semana pasada: “Falando do gran mitin que fixemos no teatro da Cruña, poucas datas atrás, atreveuse a dicir que somente asistiran a el duas mulleres, catro rapaces e uns poucos obreiros. E o teatro estaba cheio. E no teatro ollamos moitos obreiros, moitas donas e o mais sinificado da burguesía cruñesa. Sin contare aos elementos mais prestixiosos do repubricanismo da capital de Galicia. ¿Por qué, pois, minte Alfrediño –reférese ao director, Alfredo García Ramos–? E acaba “Para os que eisí fan política, temos o noso maor desprezo. Non podemos darlles belixerancia. A sua testa fica aos nosos pes. ¡Gassetistas disimulados, coa relixión por tapadeira, sodes tránsfugas, arrivistas, adulós, cobardes!”.
As relacións, que se diga, non eran precisamente as mellores.

Tomas de posición (XXXIII)

Te puede interesar