Máis de 2.300 persoas visitaron a mostra “Mans salgadas” do fotógrafo Javier Teniente

Máis de 2.300 persoas visitaron a mostra “Mans salgadas” do fotógrafo Javier Teniente
Afundación exposición Javier Teniente Mans Saldadas

Máis de dous milleiros de persoas visitaron xa a mostra fotográfica “Mans salgadas”, do vigués Javier Teniente, que se clausurará o 11 de abril. Trátase dunha colección de 60 imaxes nas que se reflicte a dureza das condicións de traballo do mar, abranguendo todo o proceso desde a construción dos barcos nos asteleiros ata a venda do peixe na lonxa. Imaxes da catástrofe ambiental provocada polo afundimento do “Prestige” e dos mariñeiros e voluntarios que loitaron contra a marea negra forman parte tamén desta memoria do mar galego.
“Mans salgadas” estrutúrase en nove seccións que inclúen o traballo nos asteleiros, a pesca no Gran Sol, a da sardiña, a costeiro do bonito, o oficio dos estibadores, os percebeiros, os mariscadores, a subasta na lonxa e o impacto no literal do “Prestige”. O obxectivo “é plasmar as duras condicións nas que traballan as perosas que viven do mar, en calquera das etapas do ciclo productivo da pesca”, explican desde Afundación. Teniente conviviu cos mariñeiros durante días, acompañándoos nas saídas do cerco, nunha campaña de 22 días no Gran Sol ou na costeira do bonito. “Non se trata de amosar imaxes cunha gran calidade estética senón de contar historias, con moito respecto e dun modo moi cercano ós protagonistas”, apunta o autor das imaxes.
Teniente traballou como correspondente cubrindo conflictos e tamén o impacto dos desastres naturais, como o furacán Micht, o terremoto de Haití ou o tsunami en Indonesia. Atesoura varios premios e publicacións, entre as que destaca “Fillos do océano”, un proxecto emparentado con esta exposición posto que recolle dezaoito comunidades diferentes de pescadores artesanais en todo o mundo.

tango
A próxima actividade en Afundación ten como protagonista a música tango. O Quinteto Nuestro Tiempo ofrecerá precisamente o día 11 de abril. Esta formación está especializada no tango contemporáneo, con especial atención ás composicións de Astor Piazzolla, e reciben influencias do jazz e da música clásica. Leonardo Mosqueda e Carina Lucca encárganse da danza mentres que o apartado musical ocúpano Matías González (bandoneón), Vera Pavlova (piano), Marcelo González (violín) e Diego Zecharíes (contrabaixo). A actuación está prevista para as 20.30 horas.

Máis de 2.300 persoas visitaron a mostra “Mans salgadas” do fotógrafo Javier Teniente

Te puede interesar