Melchor, Gaspar e Baltasar visitaron tamén vilas e parroquias de todo Ferrolterra

Melchor, Gaspar e Baltasar visitaron tamén vilas e parroquias de todo Ferrolterra
volta completa á vila antes de chegar ó mercado

Melchor, Gaspar e Baltasar, xunto cos seus axudantes, tiveron unha tarde de moito traballando pero non esqueceron pasar por tódolos lugares onde os requiriron. Nalgúns casos adiantaron traballo nos días pasados, pero a maior parte dos nenos aproveitaron onte a súa presenza para lembrarlles as peticións das cartas, para eles e para a súa familia. Con cabalgata ou sen ela, só coa súa presenza, as Súas Maxestades prometeron facer o posible para non deixar a ninguén sen agasallo.

En Narón, os Reis chegaron a primeira hora da tarde á praza de Galicia. Alí celébrase durante estes días un mercado de época, ambientado nos comezos do século XX, que aínda hoxe se pode visitar. Así o fixeron Melchor, Gaspar e Baltasar, interesados tamén nos produtos á venda. Tamén nesta localidade, pero en Xuvia, fixeron unha parada. Os veciños celebraron no colexio un festival infantil e a comitiva real non podía deixar de visitalos.

Sonada é tamén a cabalgata de Fene, que sae de San Valentín e percorre boa parte das rúas do entorno do Concello, ata rematar na praza, onde se celebra a recepción á xente.

E en Pontedeume tamén é tradición que os Reis cheguen á estación de tren, desde onde saen nunha completa ruta polas rúas do centro da vila. Os tronos para atender ós nenos sitúanse neste caso na entrada do mercado central, xa que se pecha á circulación a zona de aparcamento.

En Ares, Melchor, Gaspar e Baltasar fan un percorrido ben longo. Saen da praza do Pedregal, en Redes, e pasan por Barracido, Pedrós, Chanteiro e Cervás antes de chegar á vila. Alí deron unha volta e foron cara ó pavillón, onde xa se quentaran os ánimos cunha festa que alcanzou o seu momento culminante coa entrada da comitiva.

Cabanas (onde aínda hoxe volven os Reis, ó mediodía, para seren recibidos polo alcalde), As Pontes (onde Formoso lles entregou as chaves para entrar nas casas dos nenos pola noite), San Sadurniño, O Roxal, Cerdido, Ortigueira, Valdoviño, Vilarrube (cos veciños formando un belén vivinte durante todo o día) e moitos outros lugares recibiron tamén a maxia destes sabios.

Melchor, Gaspar e Baltasar visitaron tamén vilas e parroquias de todo Ferrolterra

Te puede interesar