Última cita con “O Apóstolo” en Novacaixagalicia

Novacaixagalicia proxecta, por última vez, a película de animación galega “O Apóstolo” no seu centro sociocultural de Ferrol, na praza da Constitución. As sesións levaranse a cabo hoxe ás 12.30 e ás 18.30 horas. As entradas teñen un prezo de 3 euros.

Ademais, os asistentes poderán participar coa súa entrada no sorteo dunha viaxe para dúas persoas a través do Camiño de Santiago, partindo de Sarria.

“O Apóstolo”, de íntegra produción galega e con subtítulos en inglés, ten entre os seus méritos ser a primeira película europea realizada coa técnica de animación stop-motion estereoscópica.

A longametraxe, dirixida por Fernando Cortizo, conta coa interpretación de actores como Geraldine Chaplin, Jorge Sanz, Paul Naschy, Carlos Blanco, Luís Tosar ou Celso Bugallo. Todos eles defenden unha historia na que un convicto que vén de fugarse da cadea tratará de recuperar un botín agochado algúns anos atrás nunha solitaria e afastada aldea.

 

Última cita con “O Apóstolo” en Novacaixagalicia

Te puede interesar