Certame que, como se sabe, non foi celebrado o pasado ano –por primeira vez en toda a súa historia, din desde o colectivo– ao tomarse desde a área de Cultura a decisión de mudar as datas do mesmo.
Tal e como se informou no seu momento, o goberno local decidiu trasladar do outono á primavera a edición da cita, co obxectivo de reforzarse con máis fondos e ao mesmo tempo introducir algúns cambios nas bases de cara a súa revitalización. Desde “Ciudadanía por la música” cren que o Concello non será capaz de organizar o evento nas citas prantexadas, xa que “hay que prepararlo con mucha antelación”, cuestión que, din, lles preocupa moito.
“A pesar de lo que dijo el Concello, desconfiamos de que se lleve a cabo”, manifiestan desde o grupo, que tampouco concordan coa decisión de mudar as datas do mesmo.
Concello
Desde o Concello de Ferrol sinalaron onte que é moi complexo organizar un premio así e que, como xa se informou no seu momento, foi posposto á primavera para introducir melloras e implicar ás bases para “evitar o desapego que se viña detectando”, apuntaron, engadindo que se está a traballar no mesmo.
Entón, o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, amosaba o desexo do goberno de que o premio medre, como referencia internacional, pero con máis implicación na cidade, na base e na formación, adornando o premio cun maior investimento”, sinalaba hais uns meses.