O recordo da maxia de Camarón de la Isla encheu o Auditorio de Caranza

O recordo da maxia de Camarón de  la Isla encheu o Auditorio de Caranza
Auditorio de Caranza. Espectáculo “Eterno Camarón”

O Auditorio de Caranza acolleu onte unha homenaxe ao flamenco a través de quen figura como o seu máximo representante: Camarón de la Isla. O espectáculo “Eterno Camarón” trouxo ao escenario a unha ducia de artistas entre os que estaban o guitarrista Luis Monge e a actriz e bailarina Gema Monge, fillos do mito. Canda eles o cantaor Pedro “El Granaíno” ou Juan Luis Corrientes e Marcos Corrientes, nos papeis de Camarón neno e adulto, protagonizaron un espectáculo biográfico que xuntou baile, música, interpretación e vídeo.
A produción percorreu durante hora e media os episodios máis relevantes da biografía do célebre cantaor xitano a través dun guión respectuoso de Javier Vargas, aprobado pola familia do intérprete gaditano.

luz casal
O próximo concerto no Auditorio será o 27 de marzo. A popular cantante Luz Casal presentará o seu traballo “Almas gemelas”, unha actuación que leva xa un bo ritmo na venda de entradas.

O recordo da maxia de Camarón de la Isla encheu o Auditorio de Caranza

Te puede interesar