A Fundación Novacaixagalicia abre un intenso programa adicado á infancia

A Fundación Novacaixagalicia abre un intenso programa adicado á infancia
a obra “a nena e o grilo nun barquiño” poderá verse no mes de decembro

A Fundación Novacaixagalicia inicia un programa cultural en apoio aos pequenos no comezo do novo curso escolar. Un amplo ciclo de actividades escénicas e musicais, cine ou obradoiros arredor da colección de arte da propia fundación que terá en Ferrol unha das súas sedes.
Así, os centros de ensino que o desexen poderán reservar as súas prazas. Para as actividades escénicas farase a través da seguinte páxina web: www.escolares.obrasocialncg.com, na que haberán de cumprimentar un formulario de petición para cada unha das actividades. Non hai límite na reserva do número de espectáculos por centro e admitiranse un máximo de 100 alumnos por cada un deles. Para visitar Naturnova, o centro interactivo de Educación Ambiental da Fundación Novacaixagalicia, deberán solicitar unha cita no seguinte correo: naturnova@obrasocialncg.com; e para asistir aos obradoiros da colección de arte e das mostras os interesados deben chamar ao teléfono 986 129 032 ou ben poden contactar co centro da fundación galega de cada  cidade.
En canto aos espectáculos, cun deseño de programación pensado na comunidade educativa, a súa produción nun 80%  é galega con pezas creadas e producidas en Galicia, e inclúe obras e actividades orientadas a distintas idades e niveis educativos.
Así, no caso de Ferrol a programación desenvolverase entre os meses de outubro a maio. Nesta cidade os profesores poderán apuntar aos seus alumnos para varios espectáculos como o de monicreques de 3 a 6 anos “Lume”, da compañía Teatro Babaluva, de sensibilización medioambiental. Tamén virá “A nena e o grilo nun barquiño”, do músico Magín Blanco e a compañía Ghazafelhos, para nenos do primeiro ciclo de Primaria. Tamén está “The time traveller”, de Blue Mango Theatre, un espectáculo en inglés dirixido ao terceiro ciclo de Primaria, igual que “Vaia circo...”, de Odaiko Percussion Group, baseado no mundo circense. A mesma compañía repasará a historia da música en “Odaiko nas escolas II”. Para máis información: www.obrasocialncg.com. n

A Fundación Novacaixagalicia abre un intenso programa adicado á infancia

Te puede interesar