Impulso municipal á obra do escritor Gumersindo Díaz García

Impulso municipal á obra do escritor Gumersindo Díaz García
Copia de Diario de Ferrol-2014-03-30-016-472168a6

A concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, Martina Aneiros, vén de entregar á Xunta Veciñal de Doniños dous novos exemplares da obra de Gumersindo Díaz García titulados “A Caloña entre loureiros” e “Avelaíñas de outono”. Estes libros súmanse aos outros tamén editados polo Concello, “O lago dos nenos” e “Historia de Doniños”, que xa foran dados aos veciños desta entidade en xuño do ano pasado.
A recuperación e entrega destes exemplares, que xa forman parte dos fondos tanto da biblioteca veciñal como da municipal da praza de España, enmárcase no actual convenio de colaboración entre o Concello de Ferrol e a Xunta Veciñal de Doniños.
A edición destes manuscritos de Gumersindo Díaz García, novelista e poeta que foi nomeado membro non numerario da Real Academia Galega en 1953, era unha demanda veciñal. O obxectivo final é o de facilitar a difusión e consulta destes escritos, así como recuperar a memoria deste literato que naceu en Doniños o 25 de setembro de 1893  e que morrería en 1978.
Desde o ano 1993 a biblioteca da Xunta Veciñal de Doniños leva o nome de Gumersindo Díaz García. Ao longo da súa vida, Díaz García escribiu un total de 43 obras tanto en lingua galega como en castelá.

Impulso municipal á obra do escritor Gumersindo Díaz García

Te puede interesar