Entregados os premios do I Concurso Humanísimos

O reitor da UDC, Julio Abalde, fixo entrega dos galardóns en Humanidades | e.c.
|

O salón de graos da Facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol acolleu onte a entrega de premios do I Concurso Humanísimos de Microrrelatos, Fotografía de Bibliotecas e Monólogos. O certame, convocado pola Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social e o Campus Industrial da Universidade da Coruña, estivo dirixido a estudantes de ESO e Bacharelato.
Os microrrelatos e monólogos tiñan que estar baseados no tema “O meu primeiro día na universidade”. Gañadores e finalistas recibieron onte, de mans do reitor Julio Abalde, un exemplar da publicación que recolle os mellores traballos desta edición.
Na modalidade de Microrrelatos, a gañadora na categoría de ESO foi Carmen González (IES Fraga do Eume de Pontedeume), mentres que en Bacharelato o primeiro premio recau en Alicia López (IES Virxe do Mar de Noia), sendo finalista Marta Nogueira (colexio Miralba de Vigo).
No certame de Fotografía de Bibliotecas, a alumna do IES de Sar de Santiago María Ángélica Álvarez fíxose co premio na categoría de ESO, e Pedro Figueroa, do Miralba de Vigo, na de Bacharelato.
Finalmente, na convocatoria de monólogos a gañadora no grupo de ESO foi Carmela Saborido Castro (IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes), resultando finalista Carmen Abeledo, do CPR Nosa Señora do Carme de Betanzos. O premio na categoría de Bacharelato quedou deserto. l

Entregados os premios do I Concurso Humanísimos