Un lustro de vida e 800 actuacións, musicais, a forza da sala Súper 8

Un lustro de vida e 800 actuacións, musicais, a forza da sala Súper 8
Ruben Coca Sala Super 8

Trala súa etapa como sala Run-Rum, o 4 de xuño de 2010 abría a sala Súper 8 cun concerto de los alemanes The Magnificient Brotherhood. Un lustro máis tarde, e 800 actuacións, Rubén Coca é o responsable único deste local que puxo o nome de Ferrol no mapa de concertos nacionais e internacionais. Artistas como Paul Collins, Norman Blake (Teenage Fanclub), Bart Davenport, Micah P. Hinson, Javier Krahe, Christina Rosenvinge, Jorge Ilegal (Los Ilegales), Javier Andreu (La Frontera), Miguel Costas (Siniestro Total, Aerolíneas Federales), Josele Santiago (Los Enemigos) ou The Rubinoos, así como outros moitos locais e nacionais pasaron polo seu escenario, aberto habitualmente de xoves a sábado e referente consolidado da noite de Ferrol.

as claves dun éxito
Para Rubén Coca, responsable do local, “o mérito foi o de resistir nunha cidade como Ferrol ao longo de cinco anos. Resulta difícil ter aberto un local que cada semana ten como mínimo tres actuacións de artistas locais, nacionais ou internacionais. Que na cidade hai un sitio para descvonectar e ver en vivo a unha banda de calquera estilo de música en directo”. En canto aos momentos clave deste lustro, Coca ten moi claro que “houbo concertos que marcaron un antes e un despois como os de The Dictators e Bad Manners. Son bandas moi coñecidas e a partir de aí comezaron a chamarnos os mánagers e os responsables das xiras dos artistas internacionais para tocar en Ferrol, como un novo punto da súa ruta que antes non existía”.
Ese proceso ten as súas consecuencias, como recoñece o responsable da sala. “Efectivamente, implica que moita xente de fóra de Ferrol sabe que ten que estar pendente da nosa programación porque pode actuar un grupo que lle sinteresa. De feito en cidades como Coruña ou Santiago  nos teñen moi en conta. Ademais, todo isto significa xente que vén a Ferrol e se toma algo por aquí. Así que todos contentos”.
Unha demanda de actuacións que como adianta Coca fai que o calendario esté cheo de propostas. De feito ata o mes de novembro xa está practicamente pechada a programación da sala. Unha das claves da lonxevidade deste local de concertos está en escoitar ao público, como recoñece Rubén Coca. “Comezamos como un local moi indie pero pouco a pouco fomos abrindo a nosa paleta sonora e agora o que facemos é consultar co noso público as cousas que lles apetece ver. Así que nos próximos anos a ver se continuamos así”.

Un lustro de vida e 800 actuacións, musicais, a forza da sala Súper 8

Te puede interesar