“Estamos dando importantes pasos para resolver a situación do Ateneo”

“Estamos dando importantes pasos para resolver a situación do Ateneo”

Resolver a complicada situación na que se atopaba o Ateneo Ferrolán, actualmente dirixido por unha xunta xestora, foi un dos puntos específicos do acordo programático selado entre Ferrol en Común e PSOE para o goberno da cidade naval. Transcurrido pouco máis dun ano desde o comezo do mandato, o traballo desenvolvido a prol da emblemática entidade cultural está a dar os seus froitos.
“Os avances neste ano de goberno en relación á situación do Ateneo son moi importantes, moi significativos. Estou moi contento de como se están a desenvolver as diferentes cuestións. Seguimos traballando para mellorar o que aínda está pendente, pero non é pouco o que conseguimos neste tempo”.
Así se expresaba onte o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, quen entre os avances acadados sinalou tanto a aprobación o pasado abril dun convenio nominativo de 15.000 euros para a entidade cultural coa finalidade de aliviar a súa complicada situación económica, como a recuperación do uso exclusivo do edificio do Ateneo para esta entidade. Isto foi posible tras ser aprobado no último pleno municipal, co consenso de todas as forzas políticas e das propias entidades, o traslado das asociacións que na actualidade ocupaban espazos no Ateneo ás instalacións do edificio do antigo hospicio, que se fará efectivo no mes de setembro.
Outra das problemáticas do Ateneo pasa polas deficiencias que, en materia de construción, deixaron as obras de reforma acometidas hai máis de dous anos, polo que desde o goberno local estanse a poñer en contacto coa empresa para que estas sexan subsanadas.

asemblea
O que todavía está pendente é a recuperación dos fondos da biblioteca-hemeroteca do Ateneo. Estes permanecen nos contenedores da empresa que durante a reforma do edificio realizou o traslado e almacenamento de todo este patrimonio cultural, coa que o Ateneo ten unha débeda que aínda non resolveu –supera os 40.000 euros–.
A pesar de que o Concello solicitou a posibilidade de facerse cargo desta débeda, Basterrechea asegurou que “temos poucas esperanzas” de que iso poida facerse así ao ser unha débeda privada.
Se finalmente é así, e o Concello non pode facerse cargo da mesma, o goberno local propoñerá ao Ateneo a celebración dunha asemblea, coa presenza do concelleiro de Cultura, “para que os propios socios vexan cal podería ser a fórmula máis axeitada para poder recuperar estes fondos”, comentou. Neste sentido, tal e como xa transmitiu á entidade nalgunha outra ocasión, “nós plantexamos a posibilidade de que o Concello adquira os fondos e os ceda nas mellores condicións posibles e as maiores garantías ao Ateneo. Pero esta é unha proposta que temos aberta a calquera outra que xurda do Ateneo”, puntualizou.

“Estamos dando importantes pasos para resolver a situación do Ateneo”

Te puede interesar