Os problemas da adolescencia, tema do novo ciclo de cine que organiza o Ateneo

Os problemas da adolescencia, tema do novo ciclo de cine que organiza o Ateneo
Diario de Ferrol-2015-01-13-013-df2f9ef6

O Ateneo Ferrolán comeza esta tarde ás 19.00 horas un novo ciclo de cine con entrada libre. Trátase do proxecto “Infam(c)ias” e  ten como centro o mundo da infancia e da adolescencia, idade problemática por excelencia, así recollida neste fato de películas que analizan diversos tipos de conflitos asociados a nenos que están a medrar, desde os abusos a manores ata a drogadición, pasando pola falta de perspectivas de futuro.
Hoxe o programa ábrese con “El Bola” (2000), unha cinta de Achero Mañas que supuxo a consagración do actor Juan José Ballesta e que retrata a historia dun pequeno maltratado. El Bola é un rapaz de 12 anos que vive nunha atmosfera violenta e sórdida. A súa situación familiar, que oculta avergoñado, incapacítao para relacionarse e comunicarse con outros rapaces. A chegada dun novo compañeiro ao colexio bríndalle a oportunidade de descubrir a amizade e unha realidade familiar completamente distinta. Todo iso daralle a forza necesaria para aceptar e, ademais, afrontar a súa propia situación cos abusos aos que o someteo o seu pai.

"los 400 golpes"
O próximo martes, 20 de xaneiro, será a quenda para un clásico do ano 1959, nada menos que “Los 400 golpes”, a película referencial de  François Truffaut e pedra de toque do movemento da “Nouvelle Vague”.
O martes 27 de xaneiro os espectadores poderán ver “Dulces 16” (2002), unha película do británico Ken Loack. O 3 de febreiro o Ateneo proxecta “Pequeña Miss Sunshine” (2006), cinta norteamericana de Jonathan Dayton e Valerie Faris. O 10 febreiro a protagonista será outra longametraxe norteamericana, “Kids” (1995), dirixida por Larry Clark sobre os problemas dos menores coas drogas.
Finalmente o ciclo culminará o 17 de febreiro coa película “Léolo” (1992), do desaparecido Jean-Claude Lauzon, e un dos fitos do cinema dos anos 90.

Os problemas da adolescencia, tema do novo ciclo de cine que organiza o Ateneo

Te puede interesar