“Pitusa Semifusa”, de Olga Brañas e Leandro Lamas, preséntase en Sargadelos

“Pitusa Semifusa”, de Olga Brañas e Leandro Lamas, preséntase en Sargadelos
Copia de Diario de Ferrol-2014-06-04-012-62ce0dc9

Un libro disco para que os máis cativos descubran os instrumentos musicais. Esa é a cerna de “Pitusa Semifusa” (Galaxia), un traballo elaborado por Olga Brañas con ilustracións de Leandro Lamas que se presenta ás 20.00 horas de hoxe en Sargadelos.
O libro inclúe un cedé cun mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra e que, logo de herdar dela un gramófono, sinte curiosidade por coñecer todas as familias de instrumentos. Ao longo das distintas cancións, nas que participan as voces e os músicos máis importantes de Galicia, Pitusa Semifusa irá avanzando polos pentagramas de todos os instrumentos, de tal xeito que, segundo se escoitan os temas, se van incorporando máis e máis ata rematar nunha completa festa musical.
O cedé coas cancións de Brañas inclúe colaboracións de grandes músicos como Magín Blanco, Xiana Lastra, Sérgio Tannus e moitos máis. Na presentación de esta tarde, Brañas e Lamas estarán acompañados na galería polo editor Francisco Castro e algúns dos músicos que participan no proxecto e que interpretarán un par de temas. n  

“Pitusa Semifusa”, de Olga Brañas e Leandro Lamas, preséntase en Sargadelos

Te puede interesar