lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

O CIFP Ferrolterra pon en marcha un viveiro de empresas con dous postos para emprendedores

Vivero de Empresas en el CIFP Ferrolterra

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Ferrolterra súmase este curso á rede de centros educativos da comunidade galega que dispoñen dun viveiro de empresas. O proxecto, enmarcado no plan “Eduemprende” da Consellería de Educación, ten como finalidade promover a inserción laboral e fomentar o espírito emprendedor. Para iso, ofrécese, de xeito totalmente gratuíto, tanto asesoramento para a posta en marcha dunha iniciativa empresarial como as instalacións e servizos precisos para desenvolver a actividade. O viveiro do centro ferrolán dispón de dous postos, equipados cada un deles con teléfono, ordenador, conexión a internet, impresora en rede e outro mobiliario propio de oficina.
O espazo, ubicado nunha das aulas nas que antes da conversión do IES en CIFP se impartían estudos de ESO, está aberto desde este curso á todas aquelas persoas que teñan en mente materializar a súa propia idea empresarial. Os requisitos para poder facer uso das instalacións: estar matriculado no derradeiro curso dun ciclo de Formación Profesional ou telo rematado nos últimos catro anos, ou tamén que estean a estudar Bacharelato, EPA ou estudos superiores de Arte, como de música ou de danza. Tamén hai que ter un proxecto empresarial a desenvolver e presentar un plan de empresa que garanta a súa viabilidade. Unha vez validado, e constituída a entidade, os interesados poderían facer uso do viveiro, sen ningún coste, durante un período de dous anos.
Nesta fase de lanzamento na que agora mesmo se atopa o servizo, a función básica do mesmo “é ofrecer orientación ás persoas que cumplan cos requisitos. Aquí poden obter asesoramento para a posta en marcha dunha actividade emprendedora”.
Así o explica Emilio Silva, coordinador de Emprendemento e titor do viveiro de empresas do CIFP Ferrolterra, quen apunta a este proxecto como unha alternativa máis para facilitar o acceso a un mercado de traballo que, como se sabe, preséntase moi complicado no contexto da actual crise económica.

Difusión
Con motivo do arranque do viveiro, desde o CIFP Ferrolterra xa se informou ao Concello de Ferrol para que se coñeza o servizo que desde este mesmo curso ofrece o centro educativo. Ademais, tamén está previsto difundir o proxecto entre os institutos da comarca. Neste caso farase de xeito conxunto cos outros dous centros da comarca con viveiro, o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e o IES de Fene.
Mentres tanto, todas as persoas interesadas en recibir asesoramento e que cumplan os requisitos, poden recabar máis información no Ferrolterra.

O CIFP Ferrolterra pon en marcha un viveiro de empresas con dous postos para emprendedores

Te puede interesar