Ramiro Martínez | “A erradicación da avespiña é imposible porque o parasitoide nunca vai contra de si”

Ramiro Martínez | “A erradicación da avespiña é imposible porque o parasitoide nunca vai contra de si”
Ramiro Martínez, xunto unha pola de castiñeiro na que agromaron as bugallas características da afección pola avespiña | c.g.

O enxeñeiro técnico agrícola Ramiro Martínez, propietario do viveiro O Pomariño, en A Capela, e membro da Asociación Galega de Froita Autóctona (AGFA) do Eume, leva maís de vinte anos recuperando especies froiteiras autóctonas, entre elas o castiñeiro, que nos últimos tempos afronta un inimigo, que chega a mermar nun 80% a producción de castañas e mesmo acabar matando unha árbore: a avespiña do castiñeiro.

En que consiste esta nova praga? 
A avespiña ataca poñendo ovos nas xemas verdes do castiñeiros, a partir de xuño normalmente, según as zonas, e despois permance ahí ate a seguinte campaña que é cando brota o castiñeiro e se ven as bugallas que se forman nos brotes. As bugallas son uns abultamentos que a árbore forma para intentar defenderse, neste caso da avespiña, pero tamén se dan en salgueiros e carballos, o que pasa é que aí existe unha fauna autóctona que parasita esas bugallas e non chega a constituir un problema.

Se como dí as bugallas tamén se dan noutras especies arbóreas, cal é problema do castiñeiro? 
O problema do castiñeiro é que perde crecemento e perde producción e calidade de producción.

Cando aparecen as bugallas, que se pode facer? 
Pódese facer moi pouco, polo menos polos nosos medios. Cando son plantacións novas hai que eliminalas, recollelas e queimalas; cando son árbores vellas realmente é un traballo imposible. O único remedio hoxe en día a nivel mundial é a introducción dun parasitoide denomiado “Troymus sinensis” que se ocupa de parasitar esa larvas que se forman e que chegan a controlar, non totalmente, pero a un nivel aceptable o parasito, neste caso a avespiña.

En todo momento fala de controlar en non de erradicar... 
A erradicación é imposible porque o parasitoide nunca vai ir en contra de sí. Establécese un equilibrio, digamos que se desaparece a plaga desaparece o parasitoide porque non ten nada que comer. Entón aí sempre hai un control, uns anos será maior e outros menor, pero un control que chega a ser bastante efectivo para que as produccións de castañas segan a ser aceptablemente boas.

Que papel está a xogar a administración nesta problemática? 
De momentos é solo a administración a que pode facer as soltas deste parasitoide porque, teóricamente, son soltas experimentais. O Ministerio non autoriza soltas masivas porque dí que pode interaccionar con outros parasitoides autóctonos, haber hibridacións... Teóricamente están estudiando o tema, pero a realidade é que en todos os países do mundo nos que hai a plaga, que son moitos, entre eles Estados Unidos, Francia, Xapón ou Suiza en todos se acabou introducindo o “Torymus sinensis” porque é o único que pode controlar efectivamente a plaga, aínda que pode haber outros que controlen unha parte, pero non desta maneira Aí atrás anunciarase que ían soltar 1,8 millóns de parásitoides e agora din que solo 800 porque parece que ser que non hai no mercado. 

Outros métodos de loita como por exemplo as feromonas non funcionan neste caso porque so hai femias... 
Aí está, é unha especie que so ten femias e é unha cousa moi estraña. É algo que os científicos que andan nisto nos deberan de explicar, porque tamén en Xapón se conseguiron variedades que eran resistentes e de alí a uns anos deixaron de selo porque mutaron. E entón preguntaste, se non se cruzan, que mecanismo de adaptación xenético teñen? Isto terá algunha explicación, pero que ninguén deu polo de agora.

E en que lugar deixa esta situación aos viveiros
Dísenos moitas vecesque temos que vender a planta que estea limpa. Moi ben, aínda que o consigamos, que é unha inversión considerable nun viveiro, cando a saques para o campo ao ano seguinte estará infectada. Ate que punto ten sentido? Eu penso que ten máis sentido que haxa o “Torymus” suficiente para que controle a plaga. Será unha plaga máis como poden levar as maceiras que levan uns pulgóns que lle ataquen, algo aceptable. Hai que ir asumindo que temos que convivir con isto, é unha plaga que como se soe dicir, veu para quedarse como a avéspora asiática. l

Ramiro Martínez | “A erradicación da avespiña é imposible porque o parasitoide nunca vai contra de si”

Te puede interesar