Bardaos promociona a festa da chanfaina cun xantar popular

Bardaos promociona a festa da chanfaina cun xantar popular
Imaxe da Festa da Chanfaina do ano pasado, na súa primeira edición

A chanfaina recupera protagonismo como embutido resultante da matanza do porco en Bardaos, San Sadurniño, onde hoxe celebran a segunda festa gastronómica que dedican a este manxar da cociña galega. Retoman así unha tradición que durante anos conservaron en Igrexafeita, tamén na mesma localidade. A confraría de San Pipote é a organizadora deste xantar, para o que era preciso inscribirse con anterioridade.

guateque
Outra proposta de lecer para a xornada de hoxe, en San Sadurniño, será o IV Guateque Ghastas Pista?, que organiza a AVV O Castelo no local da Veiga. Será a partir das once de noite, con entrada de balde. Reviven así as festas das décadas dos 60, 70 e 80, pinchando a música pop, rock e disco daquel momento e, ademais, coa actuación en directo de Los Truenos. O local estará decorado para a ocasión e tamén invitan á xente a que revise o armario e acuda coa roupa que se levaba.

Bardaos promociona a festa da chanfaina cun xantar popular

Te puede interesar