Ferrol, cheo para ver ós Reis Magos

despois de pasar pola estrada de castela, os espectadores desprazáronse rapidamente cara ó barrio da magdalena para volver velos luis polo
|

As rúas fervían de expectación e os nenos saltaban inquedos cando empezaban a escoitar o redobre de tambores que anunciaba a chegada da cabalgata de Reis. As luces dos coches da Policía Local e de Protección Civil poñían sobre aviso e despois os sons da Banda da Amargura alertaban de que, na esquina da rúa, ían aparecer as carrozas. Eran cinco, máis os habituais engadidos da Porta do Dique, o remolque de carbón e o antigo coche de bombeiros (que sufriu unha avaría). Abría o desfile o xenio da lámpada, seguíano uns trasniños baixo dúas setas e, a continuación, as carrozas dos Reis (con cabalo, elefante e camelo). Intercaladas, dúas bandas de gaitas e outra de vento e percusión que tocaba panxoliñas. Os Reis foron os máis aplaudidos e reclamados, mentres lanzaban caramelos (sen glute, como na maioría das cabalgatas), con risco para as cabezas máis altas. Os nenos que os acompañaban atendían tamén as peticións dun público que quería máis festa. Ós poucos, o desfile chegou a unha praza de Armas ateigada de rapaces.

Ferrol, cheo para ver ós Reis Magos