Ferrol en Común propón recuperar o peirao carboeiro como zona verde

Ferrol en Común propón recuperar o peirao carboeiro como zona verde
Copia de Diario de Ferrol-2015-05-09-010-3455edd8

A zona do peirao de Curuxeiras recibiu onte a visita dunha comitiva de Ferrol en Común, co seu candidato Jorge Suárez á fronte, e acompañado da viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz, e a eurodeputada de Esquerda Plural, Marina Albiol.
O espazo ocupado hoxe polo peirao carboeiro sería, a xuízo desta formación, o lugar idóneopara ampliar os xardíns e zonas verdes do barrio, incluíndo un parque de xogos e carril bici.
Ferrol en Común propón a retirada do Fernández Ladreda e o traslado definitivo das empresas ao porto exterior, como lugar axeitado para este tipo de movementos portuarios, lonxe das vivendas e co fin de evitar a contaminación ambiental e o ruído. En troques, propón facer xardíns e ampliar o espazo para peóns e carril bici, unindo A Malata con Esteiro e Caranza e creando unha gran senda bordeando o litoral, ademais de impulsar nos terreos próximos ós pantaláns as actividades náuticodeportivas a través de empresas de servizos que creen novos empregos.
A visita de onte levou a Ferrol en Común ata San Felipe, dende onde aproveitaron para tratar o tema da regasificadora de Mugardos. Neste senso, a eurodeputada Marina Albiol comprometeuse a preguntar ante a Comisión Europea pola presenza no interior da ría dunha terminal de gas que “incumpre as directivas pola súa proximidade aos núcleos habitados”. Tamén se referiu á contaminación da ría e sinalou que traballará para impedir que se peche a queixa ata lograr unha resposta categórica para impedir os verquidos.
Ferrol en Común criticou tamén o convenio coa confraría na véspera do inicio da campaña.

Ferrol en Común propón recuperar o peirao carboeiro como zona verde

Te puede interesar