As entradas para Bisbal póñense hoxe á venda

GRA397. VALLADOLID. 07/03/2014.- El cantante David Bisbal durante su actuación en la gala de entrega de los Premios Cadena Dial 2013, esta noche en Valladolid. EFE/R.GARCIA
|

As entradas para o concerto que David Bisbal dará en Ferrol o 25 de xullo, no estadio da Malata, póñense hoxe á venda, segundo informaron desde o Concello de Ferrol, a un prezo entre os 30 e os 40 euros. En principio é un trámite que se terá que facer a través de internet, nunha páxina creada expresamente para a ocasión, www.davidbisbalferrol.com.
O cantante presentou onte a xira do disco “Tú y yo”, que sae hoxe á venda, na que incluíu a data ferrolá, que ata o momento non se fixera oficial e non estaba dentro da súa axenda.
Este novo traballo, que deu a coñecer nunha rolda de prensa que se seguiu simultaneamente na Península e en Hispanoamérica, promete ser outro grande éxito do cantante almeriense, que xa co primeiro single, “Diez mil maneras”, situouse no número un de descargas dixitais en España.
A data de Ferrol é ata o momento a única que se pechou en Galicia.
Bisbal xa coñece a cidade, na que actuou en agosto de 2002. Entón, na Gándara, superou os 8.000 espectadores. Acababa de pasar polo concurso “Operación Triunfo”, que o lanzou á fama. Agora converteuse nunha figura de referencia na música latina en todo o mundo.

As entradas para Bisbal póñense hoxe á venda