Xogos tradicionais, literatura e maxia na Feira Solidaria do Libro do IES de Catabois

Un momento da actividade celebrada onte no IES de Catabois | daniel alexandre
|

Un ano máis, co gallo do Día do Libro, o IES de Catabois celebrou onte a súa xa tradicional Feira Solidaria no que as letras, a maxia e os xogos tradicionais formaron parte do menú da festa. Xunto ao alumnado do instituto, tomaron parte no encontro arredor de trinta escolares de 5º e 6º de Primaria de dous dos colexios adscritos, o de Pazos e Juan de Lángara.
Durante a súa visita, os rapaces tiveron oportunidade de gozar das propostas programadas arredor da feira, como a sesión de maxia de Fátima Fernández así como nos obradoiros e actividades de xogos tradicionais e populares.

Certames
A xornada incluíu, ademais da compra solidaria de libros –a recadación irá integramente destinada á Cociña Económica de Ferrol–, certames de poesía, relato, marcadores de páxinas, fotografía ou “collage”, entre outros.
A feira abriu as portas pola tarde a todas aquelas persoas que quixeron achegarse para contribuír á iniciativa solidaria.

Xogos tradicionais, literatura e maxia na Feira Solidaria do Libro do IES de Catabois