O pregón de Ana Martín na concatedral avanza hoxe os actos da Semana Santa

A actividade da Semana Santa de Ferrol asoma xa e hoxe celébrase o seu acto inicial á espera das procesións que comezarán o vindeiro Domingo de Ramos, o día 29. Así, hoxe mesmo a partir das 20.30 horas a concatedral de San Xulián acolle o pregón que pronunciará a profesora e xornalista ferrolá Ana Martín García, profunda coñecedora coa celebración.
O acto tamén servirá para renderlle unha homenaxe ao seu propio pai, o belenista Alfredo Martín Lorenzo, a quen se lle entregará a Medalla de Ouro da Xunta e Confrarías da Semana Santa de Ferrol.
A celebración na concatedral continuará coa actuación musical do coro Diapasón, rematando xa fóra cun pasarrúas que estará protagonizado pola Banda de “Nuestra Señora de las Angustias”.

O pregón de Ana Martín na concatedral avanza hoxe os actos da Semana Santa

Te puede interesar