Os romanos conquistan desde hoxe As Pontes nunha nova edición da Cita coa Historia

Os romanos conquistan desde hoxe As Pontes nunha nova edición da Cita coa Historia
As Pontes Cita coa Historia feria medieval

A Asociación “Lembranza da Vila” das Pontes promove un ano máis, co patrocinio do Concello das Pontes, unha festa que permitirá converter o municipio nun auténtico poboado romano. A sexta edición da Cita coa Historia prolongarase desde hoxe e ata o domingo cun amplísimo e variado programa de propostas.

O escritor Xavier Alcalá será o encargado de ler o pregón nun acto previsto para as 20.30 horas na Praza da Igrexa. Porén, a actividade comezará xa a partir das cinco da tarde coa apertura do mercado, a rúa dos oficios e o campamento galaico.

A esa mesma hora haberá tamén un espectáculo na rúa a cargo da compañía Human No Limits, para unha hora máis tarde, ás seis, celebrarse un obradoiro guiado por Chema Castro sobre as orixes da forxa. Será na Rúa dos Oficios, escenario no que ás 19.00 horas haberá outra acción similar, desta volta sobre a cultura gastronómica romana.

Espectáculos

Tralo pregón, Os Empanadillas ofrecerán un pasarrúas para animar o ambiente. Ás 21.30 horas, Cetrería Lía Corax achegará un espectáculo de danza con aves rapaces para concluir a xornad inaugural co espectáculo aéreo de pirotecnia e lume.

As demostracións e talleres prácticos de recreación de diferentes actividades romanas (desde xoiería, texidos ou alfarería) continuarán durante toda a fin de semana.

Mañá haberá ademais un obradoiro de torneado de madeira por parte da Asociación de Amigos da Madeira así con un desfile da chegada dos guerreiros galaicos á vila. Outra das propostas de mañá consistirá nunha visita guiada ao Museo Etnográfico Monte Caxado (19.00 horas).

A Cita coa Historia, dedicada desta volta á romanización de Galicia, ten entre os seus obxectivos a recreación dos períodos históricos máis importantes da historia da comarca do Eume. l

Os romanos conquistan desde hoxe As Pontes nunha nova edición da Cita coa Historia

Te puede interesar