Un home de 40 anos, procedente de Mieres (Asturias), faleceu onte nas Pontes nun accidente laboral que se produciu pola mañá, pasadas as 11.30 horas.
O operario estaba desmontando una excavadora que xa non estaba en uso nunha explanada próxima á central térmica, pero fóra do recinto de Endesa. Segundo fontes oficiais unha das pezas coas que estaba traballando caeulle enriba e iso provocoulle a morte.
Ata a zona desprazouse unha ambulancia asistencial, persoal sanitario do Punto de Atención Continuada das Pontes, Protección Civil da localidade e tamén un helicóptero medicalizado con base en Santiago que deu a volta sen chegar a aterrar cando se confirmou a morte do traballador.