A AVV de Caranza recada uns 400 quilos de alimentos no seu mercado solidario

A AVV de Caranza recada uns 400 quilos de alimentos no seu mercado solidario
Mercado de segunda mano en Caranza

O resultado do IV mercado solidario celebrado na xornada de onte en Caranza pode cualificarse como un rotundo éxito. Á importante participación no evento uniuse –era o principal motivo–, unha notable recadación de alimentos que segundo a AVV, entidade organizadora do evento, podía estar ao redor dos 400 quilos. Boa parte deles proviña dos 60 postos de artesanía e segunda man que se colocaron ao longo do paseo de Cartagena durante a xornada e que “pagaron” a súa participación á organización con alimentos. 
A maior parte do recadado, que será entregado, mañá pola tarde, no Banco de Alimentos de Ferrol, e está formado por galletas, leite, cacao en pó e produtos para bebés.
As actividades da xornada incluíron a demais unha sesión de tai-chi no parque Carmelo Teixeiro organizada por Bunkai Sport. A Banda Ferrolá de Música que dirixe Narciso Pillo, cambiou o seu escenario habitual no Cantón polo paseo de Cartagena e ofreceu un concerto ao mediodía. Xa pola tarde, e dado o peche da praia de Caranza, fíxose un pequeno bautismo de mar de windsurf a cargo do club Ferrolvento. Ademais do anterior, a xornada, pola que pasou numeroso público ao longo do día, dispuxo tamén de atractivos gastronómicos como postos de polbo a prezos populares.

A AVV de Caranza recada uns 400 quilos de alimentos no seu mercado solidario

Te puede interesar