A cidade ferrolá acollerá en xuño a rodaxe dunha película inspirada na historia real de Amada García

Diario de Ferrol-9999-99-99-999-c2bd47b5
|

A historia real de Amada García, unha veciña de Mugardos sentenciada a morte polos militares golpistas en 1937 cando estaba embarazada e fusilada no castelo de San Felipe en xaneiro de 1938, será convertida nunha longametraxe. Baixo a produción de Atresmedia, o equipo encabezado polo director e guionista da cinta, Jorge Núñez, ten intención de comezar o vindeiro xuño a rodaxe de “San Felipe”, o filme que atopará na ría de Ferrol o seu escenario principal.
O propio Núñez, acompañado de parte do elenco protagonista, foi recibido onte polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e polos concelleiros de Cultura e Patriomio Histórico, Suso Basterrechea e Rosa Méndez, respectivamente, aos que achegaron os detalles do proxecto cinematográfico que permitirá levar á gran pantalla a historia da que fora militante do Partido Comunista, fixera campaña polo “Fronte Popular” nas eleccións de 1931 e que despois do Golpe de Estado de 1936 defendeu na comarca o goberno da República. O pasado 27 de xaneiro, o Concello de Ferrol rememorou a tráxica historia desta muller cunha ofrenda floral institucional en San Felipe.

A cidade ferrolá acollerá en xuño a rodaxe dunha película inspirada na historia real de Amada García