Ideas e crenzas

Seica desta volta, o problema da Lei do Ensino está máis no asunto da ensinanza concertada que no tema da Relixión, no que, segundo penso eu, hai unha teima inútil, tanto por parte da esquerda como pola dereita, se ben xa xorden voces desde esta última, denunciando a falta de cristianismo e de actualización da Igrexa Católica. Pode parecer normal a oposición da esquerda ao ensino dunha relixión partidista, mais non sería lóxica a oposición ao estudo xeneralizado das relixións. E paréceme inútil o esforzo dunha dereita, embebida nunha morea de ideas e crenzas de pasados séculos, só por acadar o voto da xente de boa fe. Lembro que, ao noso gran poeta Curros Enríquez, excomungárono e acusárono de herexe e blasfemo, tendo que sufrir un desaforado acoso clerical e un proceso xudicial, polas poesías do seu libro Aires da miña Terra. Aquilo rematou con sentencia absolutoria e, despois, varios críticos estudosos da súa obra, louvaron a poesía e a profunda relixiosidade da alma de Curros, malia o seu anticlericalismo. E pois logo?

Ideas e crenzas

Te puede interesar