Ferrolterra, país de Manueles e de Marías

Ferrolterra, país de Manueles e de Marías
O nome de Manuel imponse en tódolos concellos menos en Pontedeume. Entre as mulleres repártense as Marías, Carmes e Josefas | j.m.

O nome de Manuel é o que teñen maior número de persoas en 16 municipios de Ferrolterra. O de María, a secas, é o preferido para as mulleres en dez deles, seguido por María del Carmen e por Josefa e toda unha variedade de compostos que inclúen a María na súa formación, polo que podería ser aínda máis importante no uso habitual. A estatística de nomes máis frecuentes por concello deixa datos que igualan ás comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal nun patrón clásico ao que aínda non chegaron as innovacións que agora se detectan entre os recén nacidos. Mateo, Martín, Hugo, Lucas e Leo foron os cinco nomes máis frecuentes entre os bebés galegos en 2018, segundo os últimos datos coñecidos. Ningún deles está como maioritario no total da poboación. Sofía, Noa, Daniela, Martina e Sara resultaron os máis elixidos para as neonatas. Só Sara ten presenza entre os 25 nomes máis empregados nos municipios de Ferrol, Narón, Pontedeume, Ortigueira, As Pontes, Ares, Cabanas, Cariño, Cedeira e Fene.

Os datos do Instituto Galego de Estatística céntranse nos 25 nomes máis frecuentes, pero só contabilizan os que nomean a máis de cinco persoas. Isto fai que nos municipios de menor poboación non se chegue a completar a lista. É o que pasa por exemplo en Mañón, onde hay 29 María del Carmen e 12 María Carmen. Despois hai Josefa (25) e María Josefa (12), María, Carme, Dolores, Luisa, Isabel, Rosa, María José, Concepción, Pilar e Cristina. Ata aí a variedade. Sucede algo parecido en Cerdido, onde os nomes de mulleres suman unha ducia (María, Josefa, Marina, Carmen, María Josefa, María del Pilar, Isabel, Mercedes, María Carmen, María Isabel, María del Carmen e Ana María. No caso dos nomes de varón, contabilízanse 15 en total, coa particularidade de que, entre os máis habituais en todos os concellos, cólanse variedades como Benigno (hai nove, e entre eles o actual alcalde, Benigno Galego) ou Nicasio (hai seis).

Cerdido introduce variacións como a presenza de dez Benignos e que no terceiro lugar haxa Andrés e Marina

A estatística fai unha diferenciación entre formas de escribir o mesmo nome, de forma que hai María Carmen e María del Carmen, e incluso M. Carmen. En Ferrol, está en cabeza M. Carmen, con 930 persoas que o levan, un 13,9% da poboación feminina. Despois sitúase María, Josefa, Ana María, Carmen, Manuela, Josefina, Mercedes, María Carmen e Cristina. E no caso masculino, gaña Manuel, con 1.097 persoas, un 16,4%, seguido por José, José Manuel, Antonio, José Luis, Carlos, David, Alejandro, José Antonio e Francisco.

No outro municipio con maior poboación das tres comarcas, Narón, tamén é Manuel o preferido (713 persoas, un 18,12% da poboación), seguido por José, José Manuel, Antonio e José Luis. E para as mulleres, é María (455, un 11,56%). A continuación, nos primeiros postos, sitúanse Josefa, María Carmen, Ana María e María José.

El caso de Fene es similar al de Narón, con Manuel y María en la cumbre de los nombres (un 21,48% y un 16,69% en cada caso), segudios por José y Antonio y por María del Carmen y Josefa.

Tamén sucede así en Neda, en Mugardos e en San Sadurniño. No primeiro, hay un 23,26% de Manuel (despois hay José e José Manuel) e un 17,01% de María (a continuación Josefa e María del Carmen). No caso mugardés son o 18,2% e o 17,63% da poboación, e despois hai Antonio e José e María del Carmen e María Teresa. En San Sadurniño son un 29,56% de Manuel e un 15,48% de María, ademais de José Manuel e José e María Carmen e Josefa.

Ares, Valdoviño e Moeche son territorio de Manuel e de María del Carmen. No primeiro caso son o 18,54 e o 15,01% da poboación. No segundo, o 25,02 e o 14,71%. Os modestinos son Manuel nun 25,37% e María Carmen nun 22,09%.

Nas Somozas e en Cedeira a tónica segue sendo que triunfe o nome de Manuela (25,29% e o 26,82%, unha de cada catro persoas do municipio chámase así). No caso das mulleres o nome preferido é o de Josefa (14,45 e 18,61%), introducindo no caso das Somozas o nome de María Isabel en terceira posición.

No Eume dase o caso de municipios en que o nome de Manuel é tan aplastante que case acada a metade da poboación masculina.  É o caso da Capela, cun 43,62% de preeminencia. No lado feminino, aí gaña María (un 21,81%), e ao nomenclátor habitual engádenlle a variación de ter Manuela no terceiro posto. En Monfero, hai un 34,66% de José (despois Antonio e Manuel) e un 27,52% de María (con María del Carmen e María José). Pontedeume decántase por Antonio (18,5%), Manuel e José e por María (16,72%), María de Carmen e María José. En Cabanas os preferidos son Manuel (20,34%) e María del Carmen (16,75%) e nas Pontes, Manuel (27,79%) e María (14,63%). As Pontes é territorio de Manuel e María (un 27,79 e un 14,63%)

O Ortegal desmárcase da norma e fai oco para os Josés. É o nome máis empregado en Ortigueira (24,54%) e Mañón (28,72%) María del Carmen é o preferido para as mulleres (un 17,74 e un 21,59%). En Cariño, triunfan Manuel (21,56%) e María del Carmen (22,84%), seguido da novidade de ter María Dolores en segundo lugar. Cerdido, como xa se comentou, conta con pouca variedade, con manuel e María en primeira posición (un 28,6 e un 17,87%) pero introducindo ademais a Andrés e a Marina no terceiro posto.

Ferrolterra, país de Manueles e de Marías

Te puede interesar