Os alumnos de ESO, Bacharelato e FP comezan hoxe o novo curso

Os alumnos de ESO, Bacharelato e FP comezan hoxe o novo curso
As aulas dos centros da comarca –na imaxe o IES Sofía Casanova– volverán encherse hoxe de alumnos | jorge meis

Cinco días despois de que o curso botase a andar para os escolares de Educación Infantil, Primaria e Especial, hoxe terán que voltar ás aulas, logo do descanso estival, os alumnos que durante o exercicio 2018/2019 cursarán estudos de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e os de ensinanzas de réxime especial (para adultos, artísticas e deportivas).
Como é habitual, esta primeira xornada virá marcada pola celebración das presentacións dos diferentes grupos, sesións de gran importancia sobre todo para aqueles rapaces que chegan por primeira vez aos respectivos centros.
Novidades
O curso comeza con algunhas novidades na comarca, como a incorporación de tres institutos –Catabois e Saturnino Montojo en Ferrol e As Telleiras de Narón– ao proxecto E-Dixgal de incorporación do libro dixital, dirixido a Secundaria e 1º e 2º da ESO e que dotará aos centros cos correspondentes equipos informáticos.
O incremento da Formación Profesional Dual, a través dos programas ofrecidos polo CIFP Ferrolterra, ou o aumento dos centros plurilingües, inclúense tamén entre os aspectos a salientar do exercicio.
Obras
Varios institutos foron sometidos ademais a algunha obra por parte da Consellería de Educación para reparar e acondicionar algún elemento das instalacións actuais. No IES de Fene, por exemplo, foi substituída a cuberta da nave de talleres, mentres que no IES Concepción Arenal procedeuse á mellora da accesibilidade ao ximnasio. No IES Fraga do Eume, pola súa banda, acometeuse o arranxo do canlón l

Os alumnos de ESO, Bacharelato e FP comezan hoxe o novo curso

Te puede interesar