A campaña da vieira, máis perto tralos primeiros resultados das mostraxes

A campaña de extracción de vieira da confraría de Ferrol, a primeira desde abril do ano pasado, está máis perto tralos resultados da primeira mostraxe remitidos o venres pasado polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia –Intecmar– á asistencia técnica do pósito de Curuxeiras.
A concentración de toxina ASP –amnésica– detectada nas primeiras mostras enviadas é inferior a 4,6 microgramos por gramo de carne en músculo e gónada, o límite máximo que permite a lexislación para a súa recolleita e posterior eviscerado. O resultado é favorábel en ámbalas dúas zonas da ría, a que abrangue toda a canle e a máis interior.
Porén, a obtención do permiso da Consellería do Medio Rural e do Mar para poñer en marcha unha campaña de extracción só será posible se a segunda análise confirma os primeiros resultados. O posito enviará esta semana novos exemplares de vieira e, se son igual de positivos e os seus promotores conseguen chegar a un acordo de evisceración con Ameixa de Carril, poderían poñer en marcha a campaña a vindeira semana.
Na do ano pasado extraéronse perto de 52 toneladas.

A campaña da vieira, máis perto tralos primeiros resultados das mostraxes

Te puede interesar