O fotógrafo Andoni Canela, un defensor do mundo dos lobos

O fotógrafo Andoni Canela, un defensor do mundo dos lobos
Photographing wild Iberian wolves (Canis lupus signatus). Riaño Mountains/ Picos de Europa National Park. Northern Spain

Na liña do que nos anos 70 fixera o lembrado Félix Rodríguez de la Fuente verbo da figura do lobo, o fotoxornalista navarro Andoni Canela traballa arreo para defender a este animal totémico sobre o que pesan algunhas realidades e moitos mitos. Mañá ás 19.00 horas a asociación ecoloxista Verdegaia organiza no Ateneo Ferrolán a presentación do libro de Canela “Durmiendo con lobos. En busca del lobo ibérico”. Nel reuniu as mellores fotos que foi facendo durante vinte anos sobre esta especie, á que o fotoperiodista rende homenaxe. O libro foi financiado grazas a unha campaña de crowdfunding.
O volume, que conta con textos do biólogo Juan Carlos Blanco, especialista no mundo do lobo, e do propio Candela, inclúe as imaxes que fixo o fotógrafo na súa primeira visita á serra da Culebra (Zamora) nos anos 90, así como outras captadas en sucesivas reportaxes en Riaño, Picos de Europa ou nos Ancares.
Trátase de imaxes de lobos en liberdade que van desde unha nai alimentando aos seus lobatos, animais atravesando as montañas nevadas en inverno, reunións dunha manada ou a estarrecedora imaxe dos lobos ouveando na noite. Respecto do seu traballo, Andoni destaca: “No se trata de hacer postales de la naturaleza, sino de utilizar también la palabra y dar cuenta de cuál es el contexto de la fauna que se retrata. En el caso del lobo no he tenido miedo, porque este animal no ataca al hombre, pero sí mucho respeto”, indica.

experiencia coa natureza
Fotógrafo e xornalista, Andoni Canela leva traballado para medios do prestixio de National Geopraphic, El País, Time, GEO, BBC Wildlife ou La Vanguardia. Ten publicados varios libros e feito exposicións sobre temas relacionados coa natureza como o mundo do oso, a águia imperial ibérica ou o lince.

O fotógrafo Andoni Canela, un defensor do mundo dos lobos

Te puede interesar