O III Festival de Música Galego Portuguesa segue en Cedeira cun concerto na sala Áncora

A terceira edición do Festival de Música Galego-Portuguesa de Cedeira, que comenzou a pasada fin de semana coa presentación do proxecto “O colo das palavras” e a proxección do documental “Fado Camané”, encara os días centrais da programación con sete variadas citas que se desenvolverán ata o vindeiro domingo. Para esta tarde, ás 20.30 horas na sala Áncora da vila, está prevista a actuación do músico e actor Gonçalo Guerreiro, que achegará ao público a súa proposta “Pessoa e o fado: fontes para un proxecto pop-rock”.
A actividade trasladarase mañá venres ao hotel Herbeira, onde a partir das 19.30 horas terá lugar unha conversa entre a cantante Ana Pinhal e o músico Javier Carrasco co música como eixo central da cita.
A partir das 22.00 horas, o auditorio municipal acollerá o concerto “Cedeira canta fados”, coas actuacións da Coral Eixil, a agrupación Acordeóns Cedeira, as Cantareiras de Buxainas e a formación Fado Norte. A xornada rematará coa actuación do grupo Clave de Fado a partir das 23.00 horas.

Charla
O sábado, a programación dará comezo ás doce do mediodía cunha charla na biblioteca no auditorio. No encontro, que leva por título “Trouxeran moitas amizades tambén”, o investigador permanente na Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo, Burgkard Baltrusch, fará un repaso documentado e detallado da historia lusófona. Pola noite, a partir das 22.30 horas, o grupo Fado Violado actuará no auditorio municipal.
O programa pecharase o domingo co concerto do grupo Cando D’Aquí (Braga) e da banda Vila de Cedeira no auditorio municipal, a partir das 19.30 horas. A participación en todas estas actividades é libre e gratuíta.

O III Festival de Música Galego Portuguesa segue en Cedeira cun concerto na sala Áncora

Te puede interesar